ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
28/12/2016

A Cidade da Cultura, novo centro galego de recuperación da fauna mariña

Galiza precisa dun centro de referenza para a recuperación da fauna mariña. Diante da paralización do proxecto en Baredo (Baiona), ADEGA propón usar as naves do Gaiás (xa construídas) e as lagoas nas fochancas das obras do CAI e do Xardín Literario

+info

21/12/2016

A edición de outono de CERNA, xa está na rede!

Xa podes consulta a edición de Outono de CERNA, onde se recollen máis dunha ducia de artigos relativos á ecoloxía e ao medio ambiente galego.

+info

19/12/2016

SOGAMA, tema de fondo do Sermos-ADEGA nº 8

Xa podes consultar na rede o nº 8 de Sermos-ADEGA, o suplemento ambiental de Sermos Galiza que elabora ADEGA. A presente edición analiza os resultados do modelo de SOGAMA na xestión de residuos. Compárteo!

+info

09/12/2016

Barra libre para a biomasa: Feijóo desregula o sector e dá carta branca a ENCE para encher de cultivos enerxéticos o país

Coa derrogación do decreto 149/2008, xa non existe límite de potencia nin de cantidade para as plantas de biomasa. Un vello anceio de ENCE: ter a medio país producindo eucalipto para pasta e ao outro medio madeira para queimar...

+info

30/11/2016

Aumenta a contaminación das grandes industrias galegas segundo o Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR)

Un artigo de Ramón Varela Díaz, doutor en Bioloxía, experto en contaminación atmosférica e ex-presidente de ADEGA

Veñen de facerse públicos os datos do Rexistro Estatal de Emisións Contaminantes (PRTR-España) sobre as emisións en 2015 de substancias contaminantes das principais industrias e outras fontes. Galiza pasa do 4º ao 2º territorio con máis emisións

+info

23/11/2016

A Xunta arrasa cunha poboación dun fento en perigo de extinción ao abrir unha pista

Unha pista promovida por Medio Rural na lagoa de Alcaián (Coristanco) levou por diante unha poboación de Lycopodiella inundata, considerado en perigo de extinción. Novamente, o patrimonio natural máis sensíbel, degradado pola propia administración...

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal