ADEGA Lugo vén de celebrar a súa Asemblea Xeral bianual, na que por unanimidade renovouse a directiva da delegación, aprobáronse os informes de contas e futuras liñas de traballo.
Colectivos sociais que traballan pola defensa do patrimonio cultural galego déronse cita onte na mesa redonda convocada por ADEGA para abordar como lles afecta e responden ante a actual vaga de macroproxectos eólicos.
Durante o mes de xullo, haberá un obradoiro de cociña solar, un obradoiro de papaventos, unha andaina percorrendo a historia da auga en Lugo, e a visita a unha olería.
Ferrol 25 xuño 2020. Moción presentada polo secretario de Adega Ferrolterra no pleno do Concello Ferrol , e aprobada por maioría da corporación referentes a medidas medioambientáis de mellora a tomar en relación coa crise do coronavirus.
ADEGA e Mariña Patrimonio lamentan que a D.X. de Patrimonio Cultural siga sen retirar do visor de aproveitamentos forestais da Xunta os datos errados da xeolocalización do patrimonio cultural e dá conta de 10 casos que exemplifican o desleixo.
A enésima desfeita da industria madeireira cebouse desta volta co Castro de Baroña: A maquinaria pesada alterou un camiño na área arqueolóxica. Porén, non será a útima porque a nova Orde de talas consolida o descontrol nos espazos protexidos
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal