ADEGA pon a disposición da cidadanía un formulario en liña (http://bit.ly/denunciaforestal) para facilitar a denuncia de plantacións e cortas ilegais no monte galego.
O parque eólico "Alto Cabrera" pretende convertir en polígono industrial a alta montaña galega. Quilómetros de pistas, enormes desterros e milleiros de toneladas de formigón entre aguias reais e osos... É o capitalismo verde!
O anuncio da moratoria por parte da Xunta de Galiza, no canto de frear as ansias eucaliptizadoras dalgúns propietarios forestais, está a alentar a proliferación de novas plantacións, mentres esta medida non teña unha aplicación efectiva.
A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” denuncia que a moratoria non terá valor se non se establecen medidas específicas para aplicala de maneira efectiva e impedir novas plantacións de eucalipto.
Co novo Plano Forestal a Xunta pretende “branquear” décadas de desleixo administrativo e descontrol co eucalipto. O lobby pasteiro-enerxético está de noraboa e xa pode ir dispoñendo de máis cadeiras nos seus consellos de administración...
Recentemente alcaldes de Baralla e Castroverde protestaron contra as limitacións ao Eucalipto nitens, suxeridas pola Xunta, ADEGA anímaos a reflexionar sobre o errado da súa estratexia eucaliptizadora.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal