Máis de 40 entidades defensoras do bosque galego lanzamos na Eira da Xoana a campaña “Cousa de Raíces”. Esta campaña, impulsada por ADEGA, pretende sumar esforzos en recuperar o valor do bosque como recurso cultural, económico e ambiental
O pasado 11 de abril, Somos Cedeira e ADEGA realizaron unha mesa redonda e coloquio sobre os impactos do proxecto de Costas de facer un recheo con area exóxena e canalización río sen estudo impacto ambiental. Foi no Auditorio de Cedeira.
Xa podes descarregar o manual de construción e recuperación de pequenas charcas editado no proxecto Charcas con Vida. O manual amosa os principais pasos para recuperar ou construír pequenos humidais presentando varios exemplos prácticos.
ADEGA vén de presentar alegacións para impedir a corta de 335 árbores (carballos e castiñeiros) na marxe esquerda do Rego do Convento, no lugar de Arandedo (Baralla). Trátase dun bosque de ribeira que a Conf. Hidrográfica debería conservar
ADEGA cursou varias denuncias contra plantacións ilegais de eucaliptos nos concellos de Lugo, Begonte e Rábade, e consegue que se retire a especie nalgunhas destas parcelas.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou unha sentenza que desestima o recurso formulado pola empresa constructora de promover un proxecto urbanizador na zona da Fraga de Menáncaro, no val de Serantes, en Ferrol.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal