ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Contaminación e residuos / Novas /

Novas

Formulario de busca
02/12/2020

ADEGA e a PDRA presentan recurso contra a autorización para desviar regos na mina de Touro

ADEGA e a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa veñen de recurrir en alzada a decisión de Augas de Galiza de autorizar o transvase temporal das augas de tres regos da contorna da mina de Touro, con destino á balsa de Vieiro

+info

23/11/2020

ADEGA participa na Semana Europea de Prevención de Residuos

Un ano máis ADEGA súmase á Semana Europea de Prevención de Residuos que terá lugar do 21 ao 29 de novembro. O obxectivo desta campaña é levar a cabo durante unha única semana accións de concienciación sobre a xestión sostible dos recursos e residuos.

+info

04/11/2020

A Xunta dá osíxeno á mineira de Touro autorizándolle desviar temporalmente tres regos en espera dun novo proxecto

Augas de Galiza aproba o transvase temporal de tres regos contaminados á balsa de Vieiro, dando á mineira de Touro unha marxe de 6 meses para buscar unha solución definitiva. Todo aponta a que outro proxecto mineiro está ao caer...

+info

21/10/2020

Máis de 600 persoas participaron na IX Limpeza simultánea de praias

Durante a pasada fin de semana, unhas 30 entidades entidades e máis de 600 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar, xunto con ADEGA, a problemática ambiental do lixo mariño.

+info

15/10/2020

Vertidos ao Eume: tolerancia con ENDESA, improvisación e desbaldimento de cartos públicos

Un dos principais ríos galegos, que da nome a un emblemático Parque Natural, leva décadas sofrindo o maltrado da minaría contaminante e as nefastas consecuencias para a natureza e o erario público das avaliacións ambientais chafalleiras

As recentes verteduras ao Eume augas abaixo do encoro da Capela e que acaban de provocar a declaración de emerxencia no río son un episodio máis da triste historia dunha canle maltratada pola minaría e esquecida polas administracións.

+info

14/10/2020

A IX Limpeza simultánea de praias xuntará unhas 200 persoas nos areais galegos

Esta fin de semana únete á IX Limipeza simultánea de praias de Galiza! Destal volta uns 200 voluntarios e voluntarias acudirán ao litoral para retirar residuos dos nosos areais e concienciar sobre o impacto do lixo mariño.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal