Os proxectos eólicos Vilartoxo, Troitomil, Monte da Croa e Rodicio II serán recorridos por ADEGA diante do TSXG ao ter conseguido os fondos necesarios a través da campaña de crowfunding “Ti podes paralos!”.
Datos de 2021 amosan que a porcentaxe de resuperación de envases do sistema Nostián é do 58,4% fronte ao 15,4% de SOGAMA. Fica claro que o contentor específico (bidón amarelo) que promoven SOGAMA e Ecoembes é un rotundo fracaso.
ADEGA vén de presentar un contencioso contra a autorización dada pola Xunta ao parque eólico "Campo das Rosas" de Naturgy por afectar a unha das poboacións máis importantes da Península Ibérica do fento Lycopodiella inundata
Nos meses de xullo e setembro, a delegación de Lugo de ADEGA organiza a cuarta edición das xornadas ambientais de verán “Os catro elementos”, coas que achegar as persoas á natureza e a hábitos de vida máis sustentábeis.
A asociación ecoloxista ADEGA activa outro desafío #TiPodesParalos para procurar recorrer o parque eólico Paraño Oeste, proxectado en Forcarei e Beariz.
ADEGA chama a cidadanía a doar urxentemente na campaña Ti Podes Paralos! para protexer Os Ancares, O Courel e o Macizo Central Ourensán do desenvolvemento eólico.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal