O Foro do Camiño Primitivo, plataforma da que forma parte ADEGA, vén de denunciar diante do Concello de Lugo, graves irregularidades que afectan ás obras que se están a realizar na esquina de S. Roque, solicitando a súa inmediata paralización.
Cinco entidades de conservación da natureza e custodia del territorio uníronse para poñer en marcha iniciativas transformadoras que impulsen a bioeconomía
ADEGA realizou durante os meses de maio e xuño a formación denominada “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada” para o emprego dentro do Programa Empleaverde, que rematou os días 7 e 30 de xuño en Ames e Moaña, respectivamente.
O FDXC,do que fai parte ADEGA, recorre as autorizacións administrativas do tres complexos eólicos do nó de Villameca (Bierzo) pola súa afección á pita do monte cantábrica.
Desde o ano 2019 ADEGA e a plataforma Lugo de Cara ao Miño levan manifestando tanto publicamente como diante do Concello de Lugo, que o proxecto das piscinas flotantes no río Miño presenta serias dúbidas de viabilidade técnica e ambiental.
O ecocicio, o estudo de novos materiais para a bioconstrución, a contaminación plásticas do mar, etc. xunto coas seccións fixas de "Ciencia cidadá" e "Fauna e flora de Galiza", completan esta edición, número 86 da Revista Cerna.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal