Vinte persoas voluntarias participaron na última actividade da "Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos" desta vez nas Lagoas de Xuño e Muro en Porto do Son
ADEGA asina un novo convenio coa Xunta de Galiza para a protección da píllara das dunas e eliminación de especies invasoras en espazos protexidos a través de voluntariado ambiental. As actuacións desenvolveranse ao longo de 2015.
Un ano máis ADEGA organiza a IV Limpeza simultánea de praias con motivo do Día Mundial dos Océanos. Será este 5, 6 e 7 de xuño. Consulta, datas, lugares, descarrega o protocolo de limpeza... Morte ao plástico!
O vindeiro 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Durante toda esta semana, ADEGA organiza unha manchea de actividades dende os ríos, ao tratamento dos residuos, pasando pola loita contra as invasoras ou a limpeza de praias. Apóntate!
A Oficina de Medio Ambiente da UDC e ADEGA, en colaboración co CIFP de Someso, organizamos este evento no que cociñamos unha manchea de pratos para máis de 40 persoas usando como única fonte de enerxía o Sol
ADEGA vén de denunciar o uso de maquinaria pesada para a colocación dun chiringuito de xeados na praia de Doniños. Esta praia ten 3 figuras de protección polo que parece absurdo alterar esta zona protexida cando a escasos 50m hai unha aparcadoiro.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal