O recheo que xa se está a realizar nas inmediacións do estaleiro de Navantia-Fene suma unha alteración máis ao ecosistema da ría. A ría de Ferrol foi unha das máis produtivas de Galiza, e na actualidade é unha das máis contaminadas.
A actuación enmárcase no “Programa de Educación, Divulgación e Voluntariado Ambiental para a Conservación de Especies e Hábitats", que conta co apoio da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
Os pasados días 7, 8, 9, 10 e 11 de xullo de 2015 desenvolveuse en Torreira (Aveiro) o III Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa.
Cerna 73 fai un repaso ao estado de conservación de especies de mamíferos e de aves vulnerables de Galiza e destaca a dificultade de atallar algunhas doenzas que afectan a especies frondosas como o ameneiro e o castiñeiro.
O pasado 4 de xullo ADEGA-Ferrolterra xunto con outras asociacións ecoloxistas e de veciñanza organizamos unha andaina para pedir a retirada dos áridos asfálticos que levan 6 anos almacenados ao lado do polígono industrial de Vilar do Colo (Cabanas).
Despois de pasar os artigos da compra, na caixa pregúntannos se queremos intoxicar as tartarugas de mar, matar baleas e paxaros, contaminar o medio, etc. Como chega unha bolsa de plástico a facer tanto dano?
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal