ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
08/02/2016

Tralas sentencias xudiciáis sobre o tema, Verdegaia, ADEGA, SGHN, AETNA e veciñanza, reclaman a retirada de residuos asfálticos contaminantes deixado á intemperie

Denuncia diante da Valedora do Pobo por manterse residuos asfálticos contaminantes en Vilar do Colo (Fene)

Membros de Verdegaia, ADEGA, SGHN, AETNA e veciñanza, presentamos apelación a Valedora do Pobo para retirar da intemperie os residuos asfálticos contaminantes tal como sentenciaron os tribunáis de xustiza

+info

05/02/2016

STOP EUCALIPTO... AVANTE CARBALLO! É o momento de pararlle os pés ao eucalipto

Este 5 de febreiro 21 organizacións ecoloxistas galegas lanzamos a campaña "STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO!", para chamar a atención sobre a preocupante extensión do eucalipto en Galiza e a necesidade de conservar os nosos hábitats autóctonos

+info

03/02/2016

Nova fraude de SOGAMA: 4 millóns de € para unha planta de compostaxe que non vai facer compost

É necesaria unha recollida separada da materia orgánica do resto das fraccións, para que o produto resultante sexa considerado compost

Perante o recente da Xunta da licitación dunha planta de "compostaxe", ADEGA lembra que o sistema SOGAMA non permite separar en orixe a materia orgánica e, portanto, legalmente non poderá facer compost

+info

02/02/2016

Resultados do Informe anual sobre o estado de saúde dos ríos galegos

Neste Día Mundial dos Humidais (2 de febreiro) o Proxecto Ríos vén de facer público os resultados do informe elaborado coas informacións achegadas polos 322 grupos de voluntari@s nas inspeccións de primavera e outono

+info

01/02/2016

40 Asemblea de ADEGA e premios Osíxeno 2015

ADEGA vén de celebrar a súa 40 Asemblea Xeral. Van aló xa 40 anos de ecoloxismo e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza, posíbel grazas ao compromiso xeneroso e solidario dos milleiros de socios e socias. Parabéns a tod@s!

+info

26/01/2016

O Cambio Climático, tema de fondo de Sermos-ADEGA nº 4

SERMOS GALIZA e ADEGA vimos de publicar o nº 4 do suplemento SERMOS ADEGA que está dedicado ao cambio climático e aos resultados do Cumio climático de París, celebrado o pasado mes de decembro.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal