ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
16/12/2014

ADEGA reclama da Xunta máis eficiencia e rapidez nas indemnizacións por ataques do lobo

Para a conservación do lobo resulta imprescindíbel que o pago dos danos ao gando sexa rápido e xusto. Sen a tolerancia dos gandeiros/as a supervivencia do lobo é inviábel

+info

03/12/2014

Contencioso contra a Xunta pola chafallada xurídica ao denegar protección para o ameneiral de Sarria

ADEGA co apoio da Plat. Sarriana polo Río vén de interpoñer contencioso administrativo pola chafalleira e ilegal actuación da D. X. de Conservación na tramitación e posterior denegación da catalogación do ameneiral de Sarria como formación senlleira

+info

13/11/2014

Crónica das Xornadas e Congreso de Custodia do Territorio

Do 5 ao 8 de novembro ADEGA participou no primeiro Congreso Europeo de Custodia do Territorio e tamén nas Xornadas Estatais de Custodia do Territorio que se celebraron en Barcelona

+info

10/11/2014

A Xunta mete outra vez as escavadoras na Frouxeira, pasando por riba de seis figuras de protección

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza vén de anunciar o comezo dunha nova e irracional alteración da lagoa de A Frouxeira (Valdoviño) que culminará, outra volta, co baleirado mecánico do humidal

+info

03/11/2014

Vitoria cidadá e ecoloxista na defensa da praia da Madalena

A Fiscalía Ambiental do TSXG confirma que Costas desistíu da súa teima de deitar 172.000 toneladas de area na praia da Madalena e na reserva mariña de Cedeira. Outra volta, a presión cidadá evita unha desfeita ambiental

A Fiscalía Ambiental do TSXG confirma que Costas desistíu da súa teima de deitar 172.000 toneladas de area na praia da Madalena e na reserva mariña de Cedeira. Outrea volta, a presión cidadá evita unha desfeita ambiental

+info

16/10/2014

Alterar a natureza non sae de balde: a deforestación influíu na aparición e propagación do ébola

A deforestación e os cambios de uso das superficies forestais determinan a aparición de novas enfermidades e a propagación vectorial doutras, acelerando a frecuencia das pandemias, segundo a FAO

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal