Proxecto Ríos
Neste apartado atoparás a referencia de todo o material divulgativo que fornece Proxecto Ríos para participar neste programa de voluntariado ambiental en ríos que desde o 2005 está en marcha en Galiza.

Charcas con Vida
Neste apartado atoparás material divulgativo do proxecto Charcas con vida, unha inciativa que pon en valor os pequenos humidais e mobiliza á cidadanía para a súa conservación

Especies Exóticas Invasoras
As especies exóticas invasoras son a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel planetario. Descarrega materiale editado por ADEGA sobre esta problemática

Compostaxe caseira
A compostaxe caseira e comunitaria é unha fórmula de xestión de residuos orgánicos no domicilio que permite obter beneficios individuais e colectivos. Aproxímate á compostaxe a través do noso material divulgativo.

Protocolos de limpeza
Descarga os protocolos de limpeza elaborados por ADEGA, que conta cunha ampla e longa experiencia en actividades como a eliminación de especies invasoras ou a limpeza de residuos nas praias e nos ríos.

Oficina de Medio Ambiente da UDC
Neste apartado atoparás material elaborado polo persoal bolseiro da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña en colaboración con ADEGA.
- 1

Roteiros de Adega Lugo
Cada curso ADEGA propón diferentes temáticas ambientais ou culturais e organiza unha andaina por mes, dirixida por un/unha guía local e a módico prezo, con descontos para os socios/as. Entra neste apartado e coñece a proposta de roteiros deste curso.

O lixo no teu concello
“O lixo dende o teu concello” é un programa educativo e de motivación social deseñado pola Mancomunidade da Serra do Barbanza, baseado no principio das 3 “R”: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Descarga o programa educativo para o teu concello.

Living River
LivingRiver –”Coidando e protexendo a vida e a cultura o redor do rios e regatos”- é un proxecto internacional, financiado e soportado polo programa Erasmus+, no que participan, ademais de ADEGA, outras 7 entidades da Unión Europea co gallo de crear concienciación arredor do coidado dos cursos fluviais.

Sebes e valados
Os valados en pedra seca e as sebes son elementos características da paisaxe galega e pezas de grande importancia na conservación da biodiversidade. Proporcionan acubillo a numerosas especies e as diferentes tipoloxías e materiais, propios de cada zona, conforman a nosa paisaxe e identifican os usos tradicionais do solo. O proxecto pretende divulgar a importancia ambiental que teñen os muros e as sebes alén do seu valor patrimonial e paisaxístico.

Fogares Verdes
Fogares verdes é un programa de educación ambiental dirixido aos domicilios que ten como finalidade a promoción do aforro de auga e enerxía na vida cotiá, e tamén de hábitos sostíbeis na nosa vida cotía. Consulta aquí o seu material de divulgación.

Lixo Mariño
Cada peza de plástico que usamos durante a nosa vida aínda permanece no planeta. Moitos destes plásticos rematan diariamente nos océanos de todo o mundo. Pero, por que son tan prexudiciais?
- 2
