Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
No Día Mundial da Auga, ADEGA coas reivindicacións da Rede Auga Pública e contra a privatización da auga en Europa PDF Imprimir Correo-e
Envia No Día Mundial da Auga, ADEGA coas reivindicacións da Rede Auga Pública e contra a privatización da auga en Europa a FaceBookEnvia No Día Mundial da Auga, ADEGA coas reivindicacións da Rede Auga Pública e contra a privatización da auga en Europa a Twitter

augadereito22 de marzo, Día Mundial da Auga. Malia que as Nacións Unidas proclamou que o acceso aos servizos básicos de auga potábel e saneamento é un Dereito Humano, os nosos governantes están transformando os nosos servizos públicos en negocios privados. A nova Lei de Réxime Local que impón o governo do estado, máis que promover políticas de auténtica austeridade, o que pretende é desmontar a autonomía municipal para privatizar servizos públicos, como os da auga e o saneamento. ADEGA adire as reivindicacións da Rede Auga Pública para que a xestión da auga non fique ao abeiro dos mercados. Escríbese AUGA, lese DEMOCRACIA. Texto do comunicado da Rede Auga Pública.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O PP retira por decreto ao cangrexo americano a categoría de invasor, desafiuzando á nosa fauna autóctona PDF Imprimir Correo-e
Envia O PP retira por decreto ao cangrexo americano a categoría de invasor, desafiuzando á nosa fauna autóctona a FaceBookEnvia O PP retira por decreto ao cangrexo americano a categoría de invasor, desafiuzando á nosa fauna autóctona a Twitter

canheteinvasor15 de marzo de 2013. O Consello Territorial de Medio Ambiente vén de acordar a exclusión da troita "arco-iris" e do caranguexo americano do catálogo español de especies invasoras. Confírmase así o práctico baleiramento de contido desta norma, básica para a conservación da nosa biodiversidade, que comezou ao pouco de chegar Rajoy á Moncloa cando permitiron o aproveitamento cinexético e comercial dalgunhas especies. O cangrexo americano (Procambarus clarkii) está hoxe presente en moitos dos nosos ríos e é a causa da práctica extinción do caranguexo autóctono. Agora, ignorando os criterios científicos, Cañete concédelle bula abríndolle de par en par a porta dos nosos ecosistemas, condeando á extinción a moitas especies autóctonas e derramando os esforzos feitos até o de agora para combater esta invasión. Bo proveito, Sr. Cañete!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A SOGAMA non lle saen as contas. Consecuencia: A incineración vai subir un 26% a fatura do lixo aos fogares galegos PDF Imprimir Correo-e
Envia A SOGAMA non lle saen as contas. Consecuencia: A incineración vai subir un 26% a fatura do lixo aos fogares galegos a FaceBookEnvia A SOGAMA non lle saen as contas. Consecuencia: A incineración vai subir un 26% a fatura do lixo aos fogares galegos a Twitter

14 de marzo de 2013. As modificacións do sistema eléctrico e a eliminación das primas ás renovábeis introducidas por Rajoy, ameazan a viabilidade de SOGAMA. Esta empresa, que xestiona 82% dos refugallos urbanos do país mediante a incineración e o vertido, verá reducidos os ingresos que obtén pola venda da electricidade nuns 13 millóns de € cada ano. Porén, ao basearse na xestión dun recurso público (o lixo) que pagamos todos/as, a solución é ben doada: Aumentar a factura nun 26% de xeito que a tonelada de lixo que cobra SOGAMA pasará de 62€ a preto de 80€. Mentres, os sistemas baseados na redución e na compostaxe, como o da Mancomunidade do Barbanza, aliás de ser máis ecolóxicos, supoñen un maior aforro para os cidadáns e os concellos. O PP ten a oportunidade de rematar co ruinoso sistema SOGAMA aprobando a ILP dos residuos que vén de entrar no Parlamento coa beizón da Xunta Eleitoral ás 20.389 sinaturas de galegos e galegas que demandamos un outro modelo de xestión do lixo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Manifesto polo aproveitamento sustentábel dos recursos xeolóxicos e contra a minaría contaminante PDF Imprimir Correo-e
Envia Manifesto polo aproveitamento sustentábel dos recursos xeolóxicos e contra a minaría contaminante a FaceBookEnvia Manifesto polo aproveitamento sustentábel dos recursos xeolóxicos e contra a minaría contaminante a Twitter

loitaencrobasXCastroA Coruña, 13 de marzo de 2013. Dadas as repercusións que no ambiente e na sociedade pode ter o aproveitamento dos recursos mineiros, e perante a crecente conflitividade que estes proxectos están a xerar, ADEGA, a CIG, a FRUGA e ORGACCMM, organizacións integrantes da Alianza Rural Galega, vimos de elaborar o documento “MANIFESTO POLO APROVEITAMENTO SUSTENTÁBEL DOS RECURSOS XEOLÓXICOS E CONTRA A MINARÍA CONTAMINANTE”. Trátase de conquerirmos un amplo acordo social arredor dunhas condicións mínimas para garantir un aproveitamento racional dos recursos mineiros, rexeitando determinadas práticas e establecendo criterios para salvagardar os ecosistemas e o noso medio rural. Convidamos a todos os colectivos sociais, políticos, asociacións e plataformas de afectados a participar neste proceso, debater as propostas e incorporalas a xeito de mínimo común que permita dar unha resposta global en clave galega á grave ameaza que a minaría contaminante supón para o noso medio rural. Documento do pdfMANIFESTO (0,3 MB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
2º cabodano de Fukushima: A contaminacion radiactiva ficou, 160.000 persoas deixaron os seus fogares para sempre PDF Imprimir Correo-e
Envia 2º cabodano de Fukushima: A contaminacion radiactiva ficou, 160.000 persoas deixaron os seus fogares para sempre a FaceBookEnvia 2º cabodano de Fukushima: A contaminacion radiactiva ficou, 160.000 persoas deixaron os seus fogares para sempre a Twitter
nuclearxove11 de marzo de 2013, cabodano de Fukushima. Dous anos despois e cun balanzo de 28 millóns de metros cadrados contaminados, 160.000 persoas evacuadas, 250.000 millóns de dólares gastados, a ruina económica e o desarraigamento para milleiros de familias, a pegada de Fukushima tardará en esvaecerse centos de anos, literalmente. Son as consecuencias dun sistema corrupto que protexe ás empresas por riba das persoas e persiste en promover a enerxía nuclear hipotecando a saúde do planeta polo beneficio económico. E cando chega un accidente, as perdas pagámolas todos/as: Tepco, a empresa propietaria dos reactores de Fukushima non puido facer fronte aos gastos e crebou. O governo xaponés nacionalizouna, socializando as perdas, que pagou o pobo. Sónavos de algo? Aínda así, Xapón xa ten máis centrais nucleares en proxecto... A enerxía nuclear é demencial e criminal! No cromo, os efectos dun "Xoveshima", un accidente nuclear na planta que Fenosa quixo construir en Xove no 1973.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Comisión Promotora da ILP contra a incineración e pola reciclaxe participa na conferenza "ZERO WASTE" no Parlamento Europeo PDF Imprimir Correo-e
Envia A Comisión Promotora da ILP contra a incineración e pola reciclaxe participa na conferenza "ZERO WASTE" no Parlamento Europeo a FaceBookEnvia A Comisión Promotora da ILP contra a incineración e pola reciclaxe participa na conferenza "ZERO WASTE" no Parlamento Europeo a Twitter
DelILPZwroWaste6 de marzo de 2013. Unha delegación galega integrada por membros da Comisión Promotora da ILP, convidada polo BNG e o grupo Verdes-ALE do Parlamento Europeo, vai participar na conferenza "ZERO WASTE" que reunirá en Bruxelas este 7 e 8 de marzo a organizacións de todo o mundo. Tátase de partillar experiencias e artellar propostas para conqueirir unha incineración/vertido CERO á hora de tratar os nosos refugallos. Neste evento no que imos debater sobre as políticas europeas de xestión de residuos, amosaremos tamén a catastrófica xestión dos residuos de SOGAMA en Galiza e apresentaremos aos asistentes e ao comisario de medio ambiente Janez Potocnik a ILP galega que vén de colleitar o apoio de máis de 21.000 sinaturas.
Descarrega o PROGRAMA da delegación galega. EMISIÓN en DIRECTO e GRAVACIÓNS das sesións.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA