Adega
INICIO Últimas novas ADEGA colabora coa ONGD Equus Cebra na recollida de roupa
ADEGA colabora coa ONGD Equus Cebra na recollida de roupa PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA colabora coa ONGD Equus Cebra na recollida de roupa a FaceBookEnvia ADEGA colabora coa ONGD Equus Cebra na recollida de roupa a Twitter
logoequusc23 de abril de 2013. En ADEGA seguimos a traballar a temática dos residuos co obxectivo de reducir a súa xeración e camiñarmos cara ao residuo cero. Desta volta, tentaremos sacar do contentor de SOGAMA a roupa para que se reutilice ou, de non ser posíbel, reciclar os seus materiais. Para iso, acabamos de unirnos á rede de recollida de roupa Equus Zebra, unha ONGD que traballa na Coruña fomentando a reutilización e a reciclaxe téxtil e criando postos de traballo entre a poboación en risco de exclusión social. As nosas sés de Compostela e Lugo funcionan dende xa como puntos de recollida. E lembra que coa túa colaboración tamén contribúes a reducir o volume de refugallos que vai ao vertedoiro e aos fornos de SOGAMA.

Esta asociación recolle a roupa a través dos contentores instalados en varios concellos de Galiza (previo convenio) e tamén recollen roupa a domicilio. Unha vez recollida a roupa hixienízase e seleciónase na planta de reciclaxe. A roupa que está en bo estado vendese a prezo simbólico nunha rede de tendas solidarias, outra parte de roupa en bo estado destínase a persoas en risco de exclusión e a roupa desgastada destinase a empresas que reciclan este tipo de materiais.

Deste xeito redúcese o volume da roupa usada que iría ao vertedoiro ou queimar, reutilízase a maioría da roupa e facilítase a reciclaxe dos téxteis en mal estado que son transformados noutros produtos.

En ADEGA apoiamos este tipo de iniciativas e dende hoxe tanto o local de ADEGA Lugo como o local de ADEGA Compostela, somos puntos de recollida de roupa. Se queredes desfacervos de roupa podedes depositala nos nosos locais e unha vez que xuntemos unha certa cantidade, nós chamaremos a Equus Zebra para que a recolan. Máis información sobre a ONGD na páxina: http://www.equuszebra.es/gl/

Os horarios da recollida de roupa nos nosos locais son:

En Lugo (Ronda das Fontiñas, 180 – entrechán)
Luns: 10 a 14h
 
En Compostela (Travesa de Basquiños, 9 Baixo)
De Luns a venres: 10h a 14h
Martes e xoves: 18h a 19h
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA