Adega
INICIO Últimas novas Todos os grupos da oposición apoiarán a Iniciativa Lexislativa Popular pola reciclaxe
Todos os grupos da oposición apoiarán a Iniciativa Lexislativa Popular pola reciclaxe PDF Imprimir Correo-e
Envia Todos os grupos da oposición apoiarán a Iniciativa Lexislativa Popular pola reciclaxe a FaceBookEnvia Todos os grupos da oposición apoiarán a Iniciativa Lexislativa Popular pola reciclaxe a Twitter

4 de abril de 2013. Representantes da Comisión Promotora da ILP "PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA" vimos de reuirnos cos grupos do PSdG-PSOE, AGE e BNG para lles demandar un posicionamento a favor da toma en consideración desta iniciativa. Os tres grupos amosaron a súa postura favorábel a apoiar esta ILP e incorporala ao ordenamento xurídico galego. A ILP dos residuos entrou no Parlamento co aval de case 22.000 galegos e galegas que demandan unha outra xestión dos refugallos urbanos allea á incineración e vertido que practica SOGAMA. Agora depende do grupo do PP, que até o de agora non respostou ás peticións de entrevista, estar á altura do compromiso destes milleiros de persoas permitindo unha tramitación rápida e apoiando unha norma que só pretende dar forza xurídica á xerarquía dos "3R" consagrada pola normativa actual, para que sexa realmente de obrigado cumprimento.

O movemento ecoloxista galego e numerosos colectivos sociais levamos décadas reclamando un novo modelo de xestión de residuos para Galiza, un sistema descentralizado baseado na redución, a separación dos residuos orgánicos (que para SOGAMA non son reciclábeis!!), e a compostaxe, para camiñarmos, como o resto de Europa, cara unha sociedade da reciclaxe.

Dende a Plataforma Galega contra a Incineración, integrada polas principais organizacións ecoloxistas galegas (ADEGA, Amigos da Terra, a FEG -18 organizacións-, SGHN e Verdegaia) e numerosas plataformas veciñais, insistimos na necesidade de poñer as bolsas de lixo enriba dos atrís dos políticos, porque entendemos que as políticas públicas de xestión dos residuos afectan ás nosas vidas de forma directa. Para nós, o debate nunca foi a ubicación da incineradora: Foi o modelo. Un modelo, a incineración, defendido con mentiras polo PP contra toda lóxica, eficiencia e mesmo contra toda a lexislación de residuos galega, estatal e europea.

É precisamente esta subversión do marco legal e das directivas europeas, a razón de acudirmos a Europa para expoñer a catastrófica xestión dos residuos en Galiza e presentarlle aos responsábeis da Comisión e o Parlamento Europeo a realidade dun sistema, o de SOGAMA, ruinoso e perigoso para a saúde.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA