Adega
INICIO Últimas novas Motos e quads arrasan coa única poboación continental dunha planta en perigo de extinción no LIC de Corrubedo
Motos e quads arrasan coa única poboación continental dunha planta en perigo de extinción no LIC de Corrubedo PDF Imprimir Correo-e
Envia Motos e quads arrasan coa única poboación continental dunha planta en perigo de extinción no LIC de Corrubedo a FaceBookEnvia Motos e quads arrasan coa única poboación continental dunha planta en perigo de extinción no LIC de Corrubedo a Twitter

linariacouso19 de febreiro de 2012. En 2011 descubriuse para a ciencia a única poboación continental peninsular de Linaria arenaria, unha pequena planta dunar coñecida como "paxariños". Foi en Aguiño (Ribeira), perto da punta de Couso, onde por certo se ubica un polígono industrial e está previsto construir a nova depuradora de Ribeira. Até o de agora, as únicas poboacións desta especie en Galiza atopábanse nas illas (Arousa, Ons e Sálvora). Malia ao singular desta poboación continental, a que a especie está catalogada como "en perigo de extinción" e a que a zona na que apareceu pertence á Rede Natura 2000 (LIC Complexo Húmido de Corrubedo), toda á área dunar teoricamente protexida é utilizada como circuito improvisado de motos e quads. Estas actividades están eliminando a morfoloxía dunar (hábitat prioritario) e arrasando coa vexetación (especies ameazadas e en perigo de extinción) perante a pasividade da Xunta.

Por desgraza, non é esta a única agresión a especies ameazadas ou en perigo de extinción por actividades toleradas, autorizadas ou mesmo promovidas pola Xunta. Plantacións de piñeiros sobre turbeiras; de eucaliptos sobre flora endémica; rozas con maquinaria pesada sobre dunas; canteiras e minas sobre humidais; talas de bosques atlánticos, dragados; grandes encoros... A estes exemplos de desleixo e feitos consumados engádese agora este caso, coa agravante de afectar a unha especie en perigo de extinción, moi sensíbel e escasa, e a producirse dentro dun LIC da Rede Natura 2000.

Con todo, o grave non é o desleixo que Xunta amosa polo noso patrimonio natural máis valioso, que ten como consecuencia sucesos coma este. É que paradoxalmente, estas actividades (circulación de motos e quads sobre as dunas) poderían ser perfectamente "legais" ao abeiro do disposto no Plano Director da Rede Natura 2000 que o PP está a piques de aprobar.

Esta norma, lonxe de garantir a conservación da nosa biodiversidade máis ameazada, abre a porta para que de xeito discrecional e ao abeiro do que decida o Conselleiro de turno, actividades manifestamente agresivas como piscifatorías, incineradoras, autoestradas, concentracións parcelarias, urbanizacións, plantacións de eucaliptos, queimas de montes, caza, rallys, introdución de especies exóticas ou transxénicas... poidan ser declaradas "compatíbeis" e autorizadas pola Xunta, mesmo nas áreas de maior valor da Rede Natura.

Esta é a realidade da política de conservación da Xunta: Especies ameazadas e en perigo de extinción ao chou; permisividade e despropósitos continuos; opacidade e escurantismo na xestión e como colofón, ridículo ao presentar unha miserábel ampliación da RN 2000, que por certo nunca acaba de chegar para dar tempo aos especuladores a ir collendo sitio.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA