Este 22 de abril, Día da Terra, MÓVETE POLO TERRITORIO! |
![]() |
![]() ![]() Moitos/as de vós aproveitaredes estas feiras para revisitar aqueles lugares cos que vos sentides identificados/as. Talvez comprobedes que xa non eran como lembrades, e ese bosque, río ou praia está a acusar os efectos de actividades agresivas ou intervencións pouco afortunadas. Hai centos de casos polo país adiante e cada un supón a perda dun patrimonio único (ambiental, cultural...) por veces imposíbel de recuperar. Ti podes facer ouvir a túa voz e a túa denuncia e xuntala coa de outras moitas persoas nun berro común polo territorio. Como participar? 2. Achégate a un lugar co que te sintas especialmente comprometido/a (paisaxe, praia, río, monte...) ou desfeita que queiras denunciar e compartillar con todos/as.
3. Faite unha foto coa faixa (inclúe amigos/as cans, ou o que che pete).
4. De volta a casa, envías a foto por mail a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
Na web de ADEGA e na nosa conta de Picasa habilitaremos unha galería pública na que poderedes ver todas as fotos que mandedes. Non hai prazo límite para enviar as fotos: a Campaña en Defensa do Territorio, na que se enmarca esta actividade, ten vocación de continuidade e desenvolverase ao longo dos vindeiros meses. Coas fotos, compoñeremos un "patchwork", para ter unha imaxe coral da situación e problemáticas particulares do noso territorio. Fagamos ouvir as nosas voces en defensa da Terra: MÓVETE POLO TERRITORIO! |