Adega
INICIO Quen somos
Quen somos
Na delegación de ADEGA COSTA DA MORTE temos como obxectivo defender os intereses naturais dunha das zonas máis fermosas de Galicia abarcando dentro da nosa área de intervención espazos como o humidal de Baldaio, as lagoas de Alcaián, os Penedos de Pasarela, Cabo Touriñán, etc.
A nosa traxectoria comezou no ano 1970 e tivo dende entón un desigual seguemento e intensidade de actividade. Na actualidade vimos dando pulo ás nosas inquedanzas cun grupo constituido no ano 2004 por activos e activas entusiastas amantes da natureza.
Traballamos en diversas áreas como son denuncias ambientais, accións de sensibilización con roteiros reivindicativos, defensa de espazos protexidos pola Rede Natura 2000. Así mesmo ADEGA COSTA DA MORTE colabora estreitamente co colectivo de educación ambiental SENDA NOVA promovendo o intercambio de experiencias contribuíndo ó uso sostible e participativo do medio ambiente, demostrando que os usos creativos e integrados de iniciativas ecolóxicas incrementan a calidade de vida, coa intención de despertar o interés público e da clase politica, movilizando á sociedade civil e cooperando coas autoridades e medios de comunicación para avanzar no desenvolvemento sostible e apoiando a implementación da Axenda 21 local.
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

quilmasbanner2.gif



ADEGA