Adega
INICIO Organización Derrogación do "decretazo", indulto para David Reboredo e rexeitamento do "fracking", resolucións da 37 Asemblea de ADEGA
Derrogación do "decretazo", indulto para David Reboredo e rexeitamento do "fracking", resolucións da 37 Asemblea de ADEGA
Envia Derrogación do "decretazo", indulto para David Reboredo e rexeitamento do "fracking", resolucións da 37 Asemblea de ADEGA a FaceBookEnvia Derrogación do "decretazo", indulto para David Reboredo e rexeitamento do "fracking", resolucións da 37 Asemblea de ADEGA a Twitter

15 de decembro de 2012. Neste día, ADEGA celebrou en Compostela a súa 37 Asemblea Xeral. Baixo o lema "Rescata o teu ambiente", debatemos sobre a necesaria reposta do movemento ecoloxista á crise e á perda de dereitos, que son tamén ambientais. Alén de continuarmos, como vimos facendo dende hai 37 anos, a termar do ambiente fronte á recolonización e á especulación cos nosos recursos naturais, concordamos tamén en ofrecer propostas en positivo dende o ecoloxismo a nunha sociedade cada vez máis precarizada polo capitalismo. No decurso desta 37 Asemblea, eliximos tamén a nova Xunta Directiva, que preside novamente a compañeira Virxinia Rodríguez. Xa pola noite, na cea anual de confraternización, fixemos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2012. Accede ao álbum coas fotos dos actos (Ramsés Pérez)

RESOLUCIÓNS da 37 Asemblea de ADEGA:

Derrogación do “decretazo” contra o galego: A Asemblea de ADEGA esixe da Xunta de Galiza a inmediata derrogación do chamado “decreto do plurilingüismo”, após as 6 sentenzas do TSXG contrarias a esta vergoñenta norma, e a elaboración dun novo decreto que teña como punto de partida o Plano de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento en 2004.

Indulto para David Reboredo: A Asemblea de ADEGA expresa a súa solidariedade con David Reboredo e a súa familia e esixe ao governo español que tramite á maior brevidade o sei indulto. É indigno que se teña denegado esta medida de graza a unha persoa totalmente rehabilitada e útil á sociedade como David, mentres por dúas concedeuse un indulto a torturadores convictos e banqueiros evasores.

Rexeitamento do "fracking": A Asemblea de ADEGA demanda da Xunta de Galiza a aprobación das normas legais precisas para prohibir o "fracking" ou fractura hidráulica profunda en todo o noso territorio, así como nas augas de competencia autonómica, tal e como acaba de facer o governo de Cantabria.

NOVA XUNTA DIRECTIVA DE ADEGA. 37 ASEMBLEA XERAL, 2012

-Presidenta e vogal de Ríos: Virxinia Rodríguez
-Vicepresidente e vogal de Litoral: Xandro García
-Secretario Xeral e vogal de Mundialización e Pacifismo: Froilán Pallín
-Vicesecretario Xeral e vogal de Biodiversidade: Xosé Salvadores
-Tesoureiro: Xan Louzao
-Vogal da Comisión Permanente e de Protección Animal: Isabelle Kerdudo
-Vogal da Comisión Permanente e de Publicacións: Manuel Soto?
-Vogal da Comisión Permanente: Marcial Barral
-Vogal da Xunta Directiva: Xesús López Piñeiro
-Vogal da Xunta Directiva: Monserrat Lombardía
-Vogal da Xunta Directiva: Alberte Sánchez
-Vogal da Xunta Directiva: Pepa Pérez Sañudo
-Vogal da Xunta Directiva: Nes Lopes
-Vogal da Xunta Directiva: Serxio Perille
-Vogal de Afiliación: Verónica Torrijos
-Vogal de Agroecoloxía e Transxénicos: Margarida Miguéns
-Vogal de Cambio Climático: Xurxo Costoia
-Vogal de Consumo Sustentábel: Marie Lacassagne
-Vogal de Comunicación: Belén Rodríguez
-Vogal de Cooperación e Muller: Lucía Parente
-Vogal de Dereito Ambiental: Fernando de Abel
-Vogal de Educación Ambiental: Ramsés Pérez
-Vogal de Enerxía: Fins Eirexas
-Vogal de Espazos Naturais: Martiño Fiz
-Vogal de Estratexias de Comunicación: Benigno F. Salgado
-Vogal de Medio Rural e Montes: Xabier Bruña
-Vogais de Mocidade: Macías López e Sigrid Bouzón
-Vogal de Ordenación do Territorio e Urbanismo: Daniel L. Vispo
-Vogal de Patrimonio Cultural e Arqueoloxía: Manolo Miranda
-Vogal de Patrimonio Xeolóxico: Xoán Ramón Vidal-Romaní
-Vogal de Recursos Audiovisuais: Xosé Luís Blanco
-Vogal de Residuos: María Lafuente
-Vogal de Saúde Ambiental: Luis Díaz Cabanela
-Vogal de Transporte e Mobilidade: Adela Figueroa 
-Vogal de Voluntariado: Paco Bañobre
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA