Adega
INICIO Novas de EA
Novas de Educación Ambiental
Ponte as botas: III xornada de limpeza simultánea de ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Ponte as botas: III xornada de limpeza simultánea de ríos a FaceBookEnvia Ponte as botas: III xornada de limpeza simultánea de ríos a Twitter
botas.jpgDespois do éxito das xornadas anteriores de limpeza en ríos de 2008 e 2009, repítese a experiencia este domingo 3 de outubro. A limpeza desenvolverase en colaboración con concellos, distintas entidades e asociacións. Un dos problemas máis graves que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. A pesares de levar dúas campañas, seguen aparecendo moreas de plásticos e entullos, elementos xa case habituais. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar da necesidade de manter limpos os nosos ríos e promover actitudes responsábeis cara a conservación do medio. O coidado e o respecto pola contorna farían innecesarias nun futuro actividades como esta, de aí que depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos. O Proxecto Ríos entregará aos participantes un Protocolo_PR (600 Kb) para a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteirríos 2010: fin de semana en Trevinca cos ríos de montaña PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteirríos 2010: fin de semana en Trevinca cos ríos de montaña a FaceBookEnvia Roteirríos 2010: fin de semana en Trevinca cos ríos de montaña a Twitter

20 de setembro de 2010. ROTEIRRÍOS é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico e dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social. A temática escollida para este ano é os ríos de montaña. O noso país acolle unha extensa rede fluvial de ríos e regatos de montaña moi ben conservados e cun grande valor ecolóxico. Nesta edición realizaremos un roteiro na fin de semana do 25-26 de setembro por Pena Trevinca, que ademáis coincide co Día Mundial dos Ríos (26-S)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O voluntariado, desmantelado por Feijóo, chave para a concienciación e a disuasión fronte aos lumes PDF Imprimir Correo-e
Envia O voluntariado, desmantelado por Feijóo, chave para a concienciación e a disuasión fronte aos lumes a FaceBookEnvia O voluntariado, desmantelado por Feijóo, chave para a concienciación e a disuasión fronte aos lumes a Twitter

17 de agosto de 2010. De aqueles pós veñen agora estas lamas. O desmantelamento por parte do governo Feijóo dos dispositivos do Voluntariado en Defensa do Monte Galego, iniciado trala catástrofe de 2006, exemplifica a  política suicida da Xunta en materia de loita contra o lume. Abandono da prevención, esquecemento da sensibilización e da disuasión, recurtes e precarización dos dispositivos de extinción, paralización das UXFOR e privatización encoberta através das SOFOR... Todo adubiado coa censura informativa, a mentira e a manipulación dos datos, conforma o bochornoso espectáculo dun governo superado polos acontecementos e que non aprendeu ren do pasado, agás para botarlle a culpa ao vento.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA participa na feira de bioconstrución e renovábeis "Alternalia 2010" PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participa na feira de bioconstrución e renovábeis "Alternalia 2010" a FaceBookEnvia ADEGA participa na feira de bioconstrución e renovábeis "Alternalia 2010" a Twitter

A semana do 21 ao 27 de xuño celébrase no paseo marítimo de Moaña a Feira Alternalia 2010, unha feira adicada ao medio ambiente, a bioconstrución e as enerxías renovábeis. Do 21 ao 24 de xuño terá lugar o ciclo de xornadas técnicas e conferencias no centro sociocultural de Caixanova. Como na Mancomunidade do Morrazo ADEGA está a encetar un programa de compostaxe doméstica e comunitaria, colocaremos un stand informativo na feira realizaremos obradoiros de compostaxe dende o venres 25 ao domingo 27, en horario é de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE PDF Imprimir Correo-e
Envia Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE a FaceBookEnvia Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE a Twitter
promocionestnQueres que este sexa o futuro do noso territorio? Este domingo 6, ás 12h na Praza do Obradoiro de Compostela, ADEGA e outras organizacións ecoloxistas e sociais galegas convocámosvos a unha concentración con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente 2010. Baixo o lema "O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE" denunciaremos as consecuencias do urbanismo depredador e das políticas insustentábeis de ordeamento territorial que vimos padecendo, escenificando a venda dunhas promocións urbanísticas en lugares emblemáticos do país. No Obradoiro edificaremos uns chalés adosados e un cámping. Baixa o Manifesto_DMMA_2010 (1.77 Mb) . Mira os cromos do acto!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 14


ADEGA