Adega
INICIO Novas de EA
Novas de Educación Ambiental
14 parques eólicos (e unha minicentral) listos para ocupar valiosos espazos sen "protección oficial" PDF Imprimir Correo-e
Envia 14 parques eólicos (e unha minicentral) listos para ocupar valiosos espazos sen "protección oficial" a FaceBookEnvia 14 parques eólicos (e unha minicentral) listos para ocupar valiosos espazos sen "protección oficial" a Twitter
Viln24 de xuño de 2010. Como os colonos no salvaxe oeste correndo por ocupar novas terras (esquecendo a propiedade secular dos nativos), estamos asistindo outra competición por facerse cos dereitos de explotación enerxética sobre os nosos montes e ríos (os poucos que aínda quedan libres). Ducias de proxectos eólicos apúranse por ser autorizados denantes de que Europa obrigue a Feijóo a ampliar a Rede Natura e daquela, fágase efectiva a prohibición de instalar muiños nestes espazos. Nesta estampida de proxectos hai de todo: afeccións á proposta de ampliación Rede Natura, a hábitats prioritarios, humidais, xacementos arqueolóxicos, e mesmo ao Camiño de Santiago (xa pasou o Xacobeo). Unha verdadeira política de "terra queimada" co terrirorio, para que os que veñan detrás (e os indíxenas), queden só coas migallas do banquete.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
VII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos. Auditorio municipal de Valga PDF Imprimir Correo-e
Envia VII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos. Auditorio municipal de Valga a FaceBookEnvia VII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos. Auditorio municipal de Valga a Twitter
Compostela, 16 de xuño de 2011. O Proxecto Ríos leva seis anos organizando encontros de voluntariado en ríos en diferentes lugares de Galiza para voluntarios e voluntarias que traballan cos nosos ecosistemas fluviais. Este ano celebrarase o VII Encontro este sábado 18 de xuño en Valga. Será no Auditorio Municipal de Valga (Cordeiro). O Proxecto Ríos é unha iniciativa de ADEGA para a concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Crónica da xornada de voluntariado do Día Mundial dos Océanos PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica da xornada de voluntariado do Día Mundial dos Océanos a FaceBookEnvia Crónica da xornada de voluntariado do Día Mundial dos Océanos a Twitter

Este 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos baixo o lema "Para un futuro mais verde, os océanos contan contigo". ADEGA xunto coa CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e a Federación Galega de Surf desenvolvimos na praia do Ancoradoiro (Muros) varias actividades sobre os impactos do lixo antrópico, particularmente plásticos, que vertemos aos océanos. Visitamos o ecosistema dunar e fixemos unha limpeza selectiva da praia. Pola tarde compañeiros/as da CEMMA indicaronnos os pasos a seguir para atender ao varamento dun cetáceo. Foi un dos máis de 300 eventos mundiais para comemorar este día. LIGAZÓN ás fotos e ao vídeo laSexta

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Campo de voluntariado ambiental do río Tea contra as invasoras PDF Imprimir Correo-e
Envia Campo de voluntariado ambiental do río Tea contra as invasoras a FaceBookEnvia Campo de voluntariado ambiental do río Tea contra as invasoras a Twitter
A vindeira xeira do campo de voluntariado ambiental no río Tea será estes 27, 28 e 29 de maio e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do Tea, no treito que vai desde os Pasos de Tatín até Ponte Cernadelas. Traballaremos sobre Acacia dealbata e Acacia melanoxylon, falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e pequenas matas do falso bambú (Phyllostachys spp.) ademáis da Conyza canadensis, a tintureira (Phytolacca americana), o garrapatón (Bidens frondosa) e a Tritonia x crocosmiflora. Esta quenda está financiada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA e Proxecto Ríos comprometidos na loita contra as especies exóticas invasoras PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e Proxecto Ríos comprometidos na loita contra as especies exóticas invasoras a FaceBookEnvia ADEGA e Proxecto Ríos comprometidos na loita contra as especies exóticas invasoras a Twitter
invasoras.jpgNestes días ADEGA e o Proxecto Ríos estamos en participar en diversos foros sobre a problemática das especies exóticas invasoras (EEI).  Este venres 13 de maio estaremos na I Reunión Ibérica sobre Plantas Invasoras que se celebra na Universidade de Vigo con varios relatorios, e nun Obradoiro de recoñecemento de EEI no CIUDEN ("Ciudad de la Energía") de Ponferrada, onde achegaremos aos participantes do Proxecto Rios do Bierzo-Laciana a metodoloxía para a identificación da flora exótica invasora posta en práctica por ADEGA no río Sil.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 14


ADEGA