Adega
INICIO Novas de EA
Novas de Educación Ambiental
Xornada de reflexión arredor dos morcegos, os ríos e as persoas PDF Imprimir Correo-e
Envia Xornada de reflexión arredor dos morcegos, os ríos e as persoas a FaceBookEnvia Xornada de reflexión arredor dos morcegos, os ríos e as persoas a Twitter

20 de outubro de 2012. As ribeiras dos nosos ríos son espazo de refuxio e alimento de moitos mamiferos que dificilmente se poden ver como poden ser os morcegos. A conservación dos ríos e das suas ribeiras ofrece espazos de acubillo e matenza para estes descoñecidos animais. Coa intención de achegarnos ao mundo dos morcegos nos entornos fluviais e coñecer que podemos facer as persoas pola sua conservación, Proxecto Ríos e Drosera este sábado 20 de outubro unha xornada na Aula de O Rexo e Allariz.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na V Limpeza Simultánea de Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na V Limpeza Simultánea de Ríos a FaceBookEnvia Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na V Limpeza Simultánea de Ríos a Twitter

limpeza20121 de outubro de 2012. O sol brillou nunha fin de semana que moitos e moitas que pasamos mollándonos polos ríos na V Limpeza simultánea de ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores, limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos. Pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: Coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estén ben conservados. Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os  plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...) Apareceron tamén rodas de automóbiles, paragolpes, cristais e asentos, e os electrodomésticos tampouco faltaron, con tambores de lavadoras e televisións. Apareceu tamén algún tellado de uralita, roupa, calzado... Algúns dos grupos adicaron tamén parte da xornada a eliminar flora exótica invasora que medraba nas beiras do río. Mira as fotos da xornada.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O concello de Santiago bota o peche a 10 anos de Educación Ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia O concello de Santiago bota o peche a 10 anos de Educación Ambiental a FaceBookEnvia O concello de Santiago bota o peche a 10 anos de Educación Ambiental a Twitter
recortes-educacion21 de xuño de 2011. En vésperas do remate do curso escolar, en ADEGA queremos sumarnos á denuncia sobre o estado do ensino, en particular sobre a situación da Educación Ambiental nas escolas de Compostela. Nestes centros, aos recurtes estatais súmanse os locais, xa que dende fai meses e durante todo o curso escolar a piques de rematar, véñense acumulando retrasos e anulando programas. É o caso do Programa de Educación Ambiental desenvolvido por ADEGA durante 10 anos nos centros educativos do concello. Alén disto, o concello de Compostela tenta silenciar o traballo feito até o de agora, xa que o programa anunciado este martes 19 pola responsábel da área de Medio Ambiente como "programa educativo ambienta"l no IES Xelmirez I, xa foi desenvolvido por ADEGA dende o 2003 até o 2007 en varios centros de ensino coa denominación de “Hortos escolares”.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Crónica do VIII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica do VIII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos a FaceBookEnvia Crónica do VIII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos a Twitter
O pasado 16 de xuño de 2012 celebrouse no Centro de Educación Ambiental de O Rexo (Allariz) o VIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Como en anteriores ocasións convidouse ao voluntariado participante a compartir as súas experiencias sobre os traballos que realizan dentro do Proxecto Ríos e a gozar dun día de encontro e esparcimento ao carón dun río e espazo privilexiados. A xornada deu comezo ás 10:30 da mañá cunha presentación por parte do Concelleiro de Medioambiente de Allariz, Bernardo Varela, logo da entrega do material das xornadas aos asistentes. Bernardo Valera falou da importancia dos ríos para a vila de Allariz e do compromiso e necesidade do voluntariado ambiental para a conservación do río Arnoia que atravesa esta fermosa vila.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012 a FaceBookEnvia Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012 a Twitter

Este venres 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. A "Fundación Biodiversidad" vén de seleccionar a actividade Únete e limpa a túa praia! proposta  por ADEGA no marco da iniciativa “Playas, voluntariado y custodia del Territorio”. Baixo este lema ADEGA convoca a entidades das tres provincias costeiras para facer unha limpeza simultánea este venres. Centros de ensino público, institutos, universidades, escolas de surf, centros de mergullo, asociacións culturais, colectivos ecoloxistas en máis de 20 concellos dende Nigrán a Ribadeo mobilizarán a grandes e pequenos/as pola defensa dos océanos. Descarrega o PROTOCOLO para a limpeza de praias. ÚNETE A NÓS E LIMPA A TÚA PRAIA! Mapa das ubicacións (Google Maps)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 14


ADEGA