VII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos. Auditorio municipal de Valga Imprimir
Envia VII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos. Auditorio municipal de Valga a FaceBookEnvia VII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos. Auditorio municipal de Valga a Twitter
Compostela, 16 de xuño de 2011. O Proxecto Ríos leva seis anos organizando encontros de voluntariado en ríos en diferentes lugares de Galiza para voluntarios e voluntarias que traballan cos nosos ecosistemas fluviais. Este ano celebrarase o VII Encontro este sábado 18 de xuño en Valga. Será no Auditorio Municipal de Valga (Cordeiro). O Proxecto Ríos é unha iniciativa de ADEGA para a concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Os grupos de voluntarios/as participantes no Proxecto Ríos presentarán as súas experiencias. Asisitirán a esta presentación asociacións, grupos de traballadores e un instituto que realizan as súas inspeccións dúas veces ao ano nos ríos próximos ás súas localidades.

Haberá unha mesa no encontro de voluntariado para a participación de grupos que desenvolven o “Proxecto de creación dunha rede de custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez". Neste proxecto o voluntariado despois de coñecer o seu río facendo inspeccións, promoverán actividades de custodia fluvial (é un proxecto financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e o AGADER).

O encontro de voluntariado deste ano conta cunha ponencia marco a cargo do Catedrático do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo Adolfo Cordero, quen nos falará de cómo as libeliñas poden ser bioindicadoras do estado de saúde dos ríos. Pola tarde Adolfo Cordero tamén nos acompañará a un roteiro para a procura e identificación de odonatos.

Os encontros de voluntariado son o espazo para que os grupos que están a participar presenten as súas experiencias, tanto relacionadas coas inspeccións como noutros temas que teñan que ver cos ríos. Trátase en definitiva dunha xornada na que os protagonistas son os/as voluntarios/as.

PROGRAMA

10.30 INAUGURACIÓN

Virginia Rodríguez, Presidenta de ADEGA e Coordinadora do Proxecto Ríos
José María Bello Maneiro, alcalde de Valga
Juan Bautista Potel Calvo, concelleiro de M.Ambiente, Industria e Turismo
Francisco Menéndez, presidente de Augas de Galicia
Manuel Borobio, director xeral de Sostibilidade e Paisaxe

11.00. MESA 1. EXPERIENCIAS DO PROXECTO ULLA UMIA LÉREZ.

- Asociación de Veciños A Sobreira e Asociación pola defensa do Val de Liñares
- Asociación Cultural Xesús González Aboi

Modera Lucía Parente, responsábel do proxecto de custodia fluvial Ulla Umia Lérez.

11.30. MESA 2. EXPERIENCIAS DO PROXECTO RÍOS.

- AETNA, Asociación Etnográfica e da Natureza
- IES San Tomé (Vigo)
- Asociación de veciño sde Gondomar
- Grupo de traballadores/as de Augas de Galicia

Modera Francisco Bañobre, responsábel de grupos do Proxecto Ríos.

12.30 DESCANSO

13.00. AS LIBELIÑAS COMO INDICADORAS DA CALIDADE DO RÍO
Adolfo Cordero, Catedrático do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo

14.30 XANTAR POPULAR, amenizado por Carlos Quintá (acordeón) e Benxamín Otero (Oboe)

16.30 ROTEIRO CON ADOLFO CORDERO PARA A DESCUBERTA DE LIBELIÑAS

O Proxecto Ríos é unha iniciativa promovida por ADEGA e financiada por Augas de Galicia e a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com