Crónica da xornada de voluntariado do Día Mundial dos Océanos Imprimir
Envia Crónica da xornada de voluntariado do Día Mundial dos Océanos a FaceBookEnvia Crónica da xornada de voluntariado do Día Mundial dos Océanos a Twitter

Este 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos baixo o lema "Para un futuro mais verde, os océanos contan contigo". ADEGA xunto coa CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e a Federación Galega de Surf desenvolvimos na praia do Ancoradoiro (Muros) varias actividades sobre os impactos do lixo antrópico, particularmente plásticos, que vertemos aos océanos. Visitamos o ecosistema dunar e fixemos unha limpeza selectiva da praia. Pola tarde compañeiros/as da CEMMA indicaronnos os pasos a seguir para atender ao varamento dun cetáceo. Foi un dos máis de 300 eventos mundiais para comemorar este día. LIGAZÓN ás fotos e ao vídeo laSexta

oceanos11bComezamos ás 11h cunha pequena presentación dos problemas actuais dos océanos e sobre todo incidirase na grande cantidade de plásticos e residuos que albergan todos os mares do mundo, a súa orixe e as súas causas.

A seguir realizamos unha limpeza da praia tendo especial precaución co ecosistema dunar, tentando non alterar a flora e a fauna destes hábitats. A retirada de lixo foi manual e tentamos recoller a maior cantidade posible de plástico e outros materiais de orixe antropoxénico na praia. Concentramos os refugallos en lugares determinados para facilitar a sua retirada por parte dos servizos de limpeza municipal.

Tamén informamos cuns cartaces que quedaron na praia sobre a posíbel presenza da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) en periodo de cría, e os consellos para a súa conservación.

Pola tarde e despois de xantar o presidente da CEMMA Alfredo López comentounos as tarefas se seguemento das poboacións de cetáceos e tartarugas mariñas que realiza a súa entidade e explicounos que facer no caso dun varamento. Rematado o obradoiro desprazámonos ao faro de Louro para iniciar unha sesión de avistamento de cetáceos. Tardaron en aparecer, mais ao cabo pudemos ver golfiños comúns. Non faltaron tampouco mascatos e corvos mariños.

A todos/as os que participastes, moitas grazas por axudar a coidar os nosos océanos!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com