Campo de voluntariado ambiental do río Tea contra as invasoras Imprimir
Envia Campo de voluntariado ambiental do río Tea contra as invasoras a FaceBookEnvia Campo de voluntariado ambiental do río Tea contra as invasoras a Twitter
A vindeira xeira do campo de voluntariado ambiental no río Tea será estes 27, 28 e 29 de maio e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do Tea, no treito que vai desde os Pasos de Tatín até Ponte Cernadelas. Traballaremos sobre Acacia dealbata e Acacia melanoxylon, falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e pequenas matas do falso bambú (Phyllostachys spp.) ademáis da Conyza canadensis, a tintureira (Phytolacca americana), o garrapatón (Bidens frondosa) e a Tritonia x crocosmiflora. Esta quenda está financiada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Para a realización destas xornadas o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, ferramenta, guías de campo, etc.) así como un seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. O aloxamento como doutras veces será no albergue Alentea, que se encontra ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea), onde estaremos durmindo o venres 28 e sábado 29. Para o desprazamento do sábado contaremos cun autobús.

A programación é a seguinte:

VENRES
mañá
tarde



19:00 h
Recepción (albergue)
19:30 h
Presentación do PR

20:00 h
Presentación e Formación do Programa do Tea
21:00
Cea
22:00
Tempo de lecer
SÁBADO
mañá
tarde
09:00
Almorzo
16:30-20:00
Traballos de campo
10:00-13:30
Traballos de campo
20:30
Regreso ao albergue
14:00
Xantar
21:00
Cea
15:00-16:30
Descanso
22:00
Roteiro nocturno
DOMINGO
mañá
tarde
10:00
Almorzo
16:30-18:00
Itinerario guiado
10:30-13:30
Posta en común e avaliación
18:30
Volta
14:00
Xantar



Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com