Limpeza de ríos nos concellos de Tabeirós -Terra de Montes |
Comeza a nova temporada de inspeccións de río na comarca Tabeirós-Terra de montes. Os voluntarios e voluntarias do proxecto de Custodia Fluvial Umia Ulla Lérez farán saídas aos ríos durante este mes e o seguinte para comprobar o seu estado de saúde.
Pero non é esta a única actividade de outono. Numerosos grupos de participantes realizarán o 2 de outubro unha limpeza simultánea de Ríos.
A limpeza celebrarase nos concellos de A Estrada, Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures e Valga. Nestes lugares varios voluntarios e voluntarias farán do domingo un día de concienciación social, limpeza e voluntariado ambiental. Serán varias as asociacións, entidades e concellos que participan na limpeza. Se estás interesado/a en participar nalgunha destas limpezas chama ao teléfono do/a coordinador/a que se indica.
O proxecto de Custodia Fluvial Ulla Umia Lérez, é unha actividade promovida por ADEGA e financiada por FEADER, AGADER, GDR Umia Ulla Lérez e Xunta de Galicia (Consellería de Medio Rural). Para esta limpeza tamén colaboran os concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Pontecesures e Valga. |