Adega
INICIO Novas ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda

ADEGA - Ordes/Cerceda

ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda a FaceBookEnvia ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda a Twitter
asemblea_ordes.jpgOrdes, 13 de novembro de 2008. ADEGA ven de celebrar onte unha asemblea dos socios/as da Delegación de Ordes-Cerceda na que se escolleu unha nova Xunta Directiva. A delegación de ADEGA na comarca de Ordes-Cerceda constiuiuse hai xa 8 anos e agora vese reforzada coa incorporación de novos as socios/as, nomeadamente de Ordes. Os concellos que formarán parte da nova delegación ampliada son: Carral, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Trazo, e Tordoia. Dende ADEGA-nacional animamos a toda a veciñanza da comarca a participar nas actividades da delegación e tentar solucionar os seus graves problemas ambientais.

Coa escolla da nova Directiva pretédense dar un pulo á actividade ecoloxista na comarca de Ordes desenvolvendo actividades tanto reivindicativas como de educación ambiental para aumentar a conciencia ecolóxica dos habitantes da comarca e máis facer fincapé nos graves problemas ambientais da zona.
De feito nesta Delegación de Ordes-Cerceda existen infraestruturas tan impactantes como a incineradora de Sogama, o vertedeiro de Areosa, a central térmica de Meirama, a mina de carbón Meirama (cun proxecto de enchido de auga pendente) e concentracións parcelarias, sobre todo no Concello de Ordes. Tamén os socios e socias de ADEGA-Ordes-Cerceda destacan a súa preocupación pola existenza dunha planta de elaboración de bioetanol a partir de plásticos no Concello de Cerceda. Para abordar este inxente traballo escolleuse unha nova Xunta Directiva que estará formada de momento polas seguintes persoas:
PRESIDENTA: Montserrat Rei (Ordes)
SECRETARIO: Óscar Martínez (Ordes)
TESOUREIRA: Pilar Ribera (Ordes)
VOGAL: Alberte Sánchez (Cerceda)
VOGAL: Peter Brea (Carral)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA