Adega
INICIO Novas ADEGA convídate a percorrer este domingo a montaña de Becerreá (Os Ancares)
ADEGA convídate a percorrer este domingo a montaña de Becerreá (Os Ancares) PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA convídate a percorrer este domingo a montaña de Becerreá (Os Ancares) a FaceBookEnvia ADEGA convídate a percorrer este domingo a montaña de Becerreá (Os Ancares) a Twitter

souto carballalLugo, 23 de abril de 2013. O vindeiro domingo, 28 de abril, ADEGA realiza un roteiro pola montaña lucense de Becerreá, ás portas dos Ancares, dentro do programa de roteiros da Galiza Máxica 2012-2013. O percorrido será duns 18 quilómetros aproximadamente e discorrerá desde a aldea de Quintá de Cancelada ata a aldea de Cabana, pasando por varios pobos, fragas, soutos, vales, e ríos. Acompañaranos na nosa marcha o río Donsel. Para reservar praza é preciso chamar antes ao 982240299 ou 679113718. Descarga o pdfCARTAZ.

Este roteiro descorrerá por fermosas paisaxes dos Ancares, nas que aínda se conserva un rico patrimonio cultural asociado a diversas lendas populares. O punto de partida será a aldea do Couso (800 m). Baixando cara ao val e bordeando o monte O Aguillón chégase a Quintá da Cancelada, que conta con interesantes elementos etnográficos. Continuando cara ao Teso das Táboas, o sendeiro lévanos pola Fraga de Valiñas e o souto do Carballal. Cruzando o río Donsal (afluente do Navia) pásase pola aldea de Sevane, na que destacan tamén algunhas construcións tradicionais, unha antiga mina, unha minicentral e unha fervenza en escada. O ascenso dende o río á aldea de Buisán lévase a cabo entre unha rica vexetación aderezada con algúns muíños e ouriceiras. Pasando pola aldea de Arroxiña, descéndese de novo ao río Donsal a través dun camiño con fermosas vistas do val do río Navia. Tas cruzar o río chégase á aldea de Cabana, na que finaliza o roteiro.

Colaborará con ADEGA na organización deste roteiro a Asociación Castiñeiro e Nogueira de Quintá de Cancelada.

SAÍDA
O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 9.00 h.
Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.
 
PREZOS
Xeral..................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro…………...........................12 €
Soci@s.................................................................................. 10 €
Ata Ata 17 anos........................................ .............................. 5 €
 
PRÓXIMOS ROTEIROS
26 Maio: Xove (Pena do Fraire-Tesouros Ceranzos)
23 Xuño: Allariz (Santa Mariña de Augas Santas) 

+ INFO EN: roteirosadegalugo.blogaliza.org

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA