Adega
INICIO Novas O TSXG obriga ao Concello de Vilalba a pagar unha multa por uns vertidos denunciados por ADEGA
O TSXG obriga ao Concello de Vilalba a pagar unha multa por uns vertidos denunciados por ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia O TSXG obriga ao Concello de Vilalba a pagar unha multa por uns vertidos denunciados por ADEGA a FaceBookEnvia O TSXG obriga ao Concello de Vilalba a pagar unha multa por uns vertidos denunciados por ADEGA a Twitter

vertido Vilalba 1Lugo, a 30 de maio de 2013.- Desde ADEGA amosamos a nosa satisfacción parcial pola sentenza que vén de ser emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG ) a favor da Confederacion Miño-Sil e en contra do recurso contencioso-administrativo presentado polo Concello de Vialba en 2011. Neste procedemento, no que estaba personada ADEGA, o Concello recorría unha multa de 4.000 euros que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil lle impuxo por infrinxir a Lei de Augas ao permitir vertidos continuos no Río Ladra desde a estación depuradora do Concello; vertidos denunciados reiteradamente por ADEGA nos últimos anos.

EDAR VilalbaA EDAR de Vilalba non funciona correctamente xa que carece de pozo de tormenta e cando chove moito non dá depurado as augas que lle chegan tendo que soltala ao río sen depurar. Isto trae consecuencias nefastas tanto para a fauna como para a flora do río e a propia calidade da auga do río.

Estes episodios de contaminación foron denunciado durante moitos anos e repetidamente por ADEGA, xunto con asociacións de pescadores, e por desgraza aínda non se arranxou o problema. Neste mesmo ano, déronse varios casos parecidos, a pesar de que se teñen feito traballos de separacion de augas fecais das pluviais, nos barrios da vila de Vilalba. Entendemos desde ADEGA que estas actuacións non foron suficientes e que a única solución é dotar a depuradora das infraestruturas necesarias, para evitar que as augas contaminantes vaian parar directamente ao río sen tratamento ningún.

Por tanto, aínda que esta sentenza do TSXG non recorrible nos dá a razón, tanto aos ecoloxistas como aos pescadores, non poderemos estar completamente satisfeitos mentres estas deficiencias da EDAR non se aranxan debidamente.

Tamén criticamos que o Concello de Vilalba gaste os cartos dos veciños e veciñas en pleitos xudiciais no canto de arranxar o problema do que é consciente, e demandamos á Confederación que os cartos da multa (4.000 euros) se empregen na mellora da instalación.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA