Adega
INICIO Novas

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Novas de ADEGA-Ferrolterra


Mesa redonda “O estado do medio natural na zona de Ferrolterra” PDF Imprimir Correo-e
Envia Mesa redonda “O estado do medio natural na zona de Ferrolterra” a FaceBookEnvia Mesa redonda “O estado do medio natural na zona de Ferrolterra” a Twitter

Mesa redonda. EOI. Ferrol.Adega.SGHN. Club Montaña.2013Ferrol 16 Marzo 2013 Mesa redonda “O estado do medio natural na zona de Ferrolterra”.Actuaron como relatores, entre outros: Nés Lópes , presidente ADEGA na delegación de Ferrol, Joaquim Ferreiro (Delegado da SGHN), Xan Ramirez(Pdte Club Montaña Ferrol), e Carmen L (Medioambiente concello Ferrrol). . Información adicional: http://www.edu.xunta.es/centros/eoideferrol/

http://www.edu.xunta.es/centros/eoideferrol/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Concentración protesta polo tren através da ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Concentración protesta polo tren através da ría de Ferrol a FaceBookEnvia Concentración protesta polo tren através da ría de Ferrol a Twitter

Xandro.Miguel Anxo.2013Ferrol 7.3.2013. Membros dos colectivos opostos ao trazado do tren ao porto exterior a través da propia ría de Ferrol (colectivos entre os que está ADEGA), fixemos unha concentración-protesta diante da Autoridade Portuaria de Ferrol, contra tal proxecto de facer paso do tren ao porto exterior de Ferrol, a través da propia ría de Ferrol có impacto que supón, habiendo alternativas de menor impacto ambiental. O vicepresidente de Adega, Xandro García leu o comunicado da plataforma convocante. Foto: Miguel Anxo. Información adicional:

.http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/273-adega-presenta-alegacion-ao-proxecto-actual-de-tren-ao-qporto-exteriorq-de-ferrol-po-lo-seu-impacto

 http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/


 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Denuncia e sanción por depósitos de áridos asfálticos potencialmente contaminantes xunto o río Baa PDF Imprimir Correo-e
Envia Denuncia e sanción por depósitos de áridos asfálticos potencialmente contaminantes xunto o río Baa a FaceBookEnvia Denuncia e sanción por depósitos de áridos asfálticos potencialmente contaminantes xunto o río Baa a Twitter

aridos.contaminantes.2013Cabanas-Fene 23.2.2013. Denuncia e sanción por depósitos de áridos asfálticos potencialmente contaminantes xunto o río Baa. A Plataforma de defensa do río Baa integrada pola SGHN, Verdegaia, Adega, Plataforma de defensa dos camiños e Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar de Colo, denunciamos en repetidas ocasións ante a fiscalía de medio ambiente e a Consellería de Medio Ambiente as irregularidades da empresa Manmer por incumprir a orde de retirada dos áridos contaminantes, segundo avalan diferentes informes, depositados en San Lourenzo, Cabanas e no porto exterior de Ferrol. Tra-la sanción da propia Consellería á empresa, os colectivos asinantes, solicitamos a total retirada dos refugallos deste entorno, restituíndo as condicións medioambientais que este ecosistema nunca deberá ver alteradas. docResiduos_asfálticos.Denuncia_Adega_SGNH_Verdegaia2013.doc

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Actividades contra o proxecto de paso do tren cara ao porto exterior a través da ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Actividades contra o proxecto de paso do tren cara ao porto exterior a través da ría de Ferrol a FaceBookEnvia Actividades contra o proxecto de paso do tren cara ao porto exterior a través da ría de Ferrol a Twitter

Asemblea Tren ao porto exterior.2013.XandroFerrol 22.2.2013.   Recollidas de sinaturas e actividades dos colectivos contra a trazado do tren ao porto exterior de Ferrol a través da propia ría de Ferrol. Tra-la recente asamblea dos colectivos (máis de 30, entre eles Adega..) que estamos a prol de defender a ría de Ferrol da “agresión” que suporía a ponte e recheos na propia ría po-lo trazado do tren ao porto exterior, e tras contactos con diferentes administración, creouse un blog e editouse un vídeo coa problemática desta nova agresión á ria :

http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/2013/02/video-o-que-esconde-o-viaducto-do-tren.html) e estase agora nunha campaña de recollida de sinaturas e concienciación cidadá. A data desta nova, e tras case 3 anos, seguen sen resposta por parte do ministerio de Fomento as alegacións presentadas por Adega a tal proxecto.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Denuncias e reunión có Fiscal Xeral de Galicia coas "irregularidades" da planta de gas Mugardos PDF Imprimir Correo-e
Envia Denuncias e reunión có Fiscal Xeral de Galicia coas "irregularidades" da planta de gas Mugardos a FaceBookEnvia Denuncias e reunión có Fiscal Xeral de Galicia coas "irregularidades" da planta de gas Mugardos a Twitter

concentración.protesta.gaseiro.2013Ferrol 18.2.2013. Denuncias diante do Fiscal Xeral de Galicia en relación coa presuntas corrupcións e irregularidades coa planta de gas de Mugardos. Membros do Comité Cidadán de Emerxencias para a Ria de Ferrol, ADEGA e AGE mantuvimos un encontró co Fiscal Xeral de Galicia a propósito da problemática da Planta de Gas de Reganosa. Entregado un amplo dossier informativo sobre a planta de gas. Explicandolle a Carlos Varela a situación de ilegalidade, reafirmada tras a sentenza do Tribunal Supremo, e insistimos na perigosidade da mesma e a ameaza que supón para a cidadanía o incumprimento de toda a lexislación medioambiental e de seguridade. O proceso de destrucción da Ría de Ferrol como consecuencia do uso fraudulento da auga do mar na que verten inxentes cantidades de hipoclorito sódico, denunciamos o recheo ilegal no que se asenta Reganosa asì como a complicidade das diferentes administracións. Solicitamos a esta Fiscalía que dada a situación de evidente ilegalidade, perigosidade e dano medioambiental inicie actuacións encamiñadas á suspensión da actividade de Reganosa. Información adicional: http://cociudem.wordpress.com/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Parlamentares europeus constatan na ría de Ferrol a grave contaminación do medio e os perigos de Reganosa PDF Imprimir Correo-e
Envia Parlamentares europeus constatan na  ría de Ferrol a grave contaminación do medio e os perigos de Reganosa a FaceBookEnvia Parlamentares europeus constatan na  ría de Ferrol a grave contaminación do medio e os perigos de Reganosa a Twitter

 Foto: D. Alexandre (D.F.)Ferrol, febreiro de 2012. Membros do Parlamento Europeo xiraron visita á ría de Ferrol e á planta de gas de Mugardos para comprobar in situ a contaminación da ría e os proxectos agresivos que nela se desenvolven. Tralas denuncias presentadas por diversos colectivos como varias confrarías e o Comité Cidadán de Emerxencia (do que fai parte ADEGA), os membros do Parlamento Europeo visitaron as rías galegas, e en concreto poideron comprobar na ría de Ferrol a grave contaminación, a ausenza de depuración e o alto nível de lodos, así como as irregularidades e perigos da planta de gas de Mugardos. En poucos meses terán elaborado un informe ao respeito pero a impresión que levaron da situación foi que as denuncias presentadas tiñan suficiente fundamento.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 29

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA