Adega presenta alegacións ao proxecto polígono industrial no espazo natural de Leixa(Ferrol) |
Ferrol 14.10.2010. Adega-Ferrol presenta alegacións ao proxecto de polígono industrial, en San Pedro de Leixa (Ferrol). Tra-la publicación no DOG 15.9.2010 referente á modificación puntual de tal proxecto. Adega na súa delegación de Ferrol, presentó alegacións ao proxecto básicamente por : -Implicar un dano irreversible do espazo natural de S. Pedro de Leixa (Ferrol) con destrucción de zona boscosa, de cauces de ríos e a repercusión correspondente á fauna da zona , con especies protexidas no ámbito de actuación. -Po-la afectación do patrimonio arqueolóxico (mámoas, castro da Croa,..). - Polo risco que supón ubicar un polígono industrial adxacente a núcleos hospitalarios. -Porque actualmente, na comarca ademanda de chan industrial é prácticamente nula, tal como recolle o propio proxecto. -Por haber moi importante superficie valeiros en polígonos industriais adxacentes Texto completo: ALEGACIONS-POLGONO-INDUSTRIAL_DE_LEIXA_FERROL_ADEGA.2010.doc |