Éxito do roteiro reivindicativo en Pico Vello na defensa da zona fronte á ameaza do proxecto de mina |
![]() |
O obxectivo era dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico e protestar pola pretendida instalación alí dunha mina por parte da empresa Picobello Andalucita S.L. Unha explotación con doce anos de vida útil, que suporía a destrución irreversible do lugar, e afectaría gravemente ó Río Belelle e ó P. N. Fragas do Eume.
O xacemento está na zona do Pico Vello (colindante e incomprensiblemente excluída do P.N. Fragas do Eume), constituída na súa maior parte por unha fraga mesta e pasteiros, coa presenza de numerosas especies de fauna e flora con interese biolóxico, algunhas catalogadas como vulnerables pola Directiva Hábitat. Esta fraga está incluída na proposta de ampliación da Rede Natura e o monte Fontardión constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural do Eume e L.I.C. Xubia-Castro. Estiveron de relatores nos descansos do roteiro: Ernesto Lópes Días, secretario de Adega-Ferrol :Obxectivos do roteiro, a explotación mineira que se pretendía facer e dos efectos da escombreira sobre o río Gallel. -Manolo Cortizas, membro da SGHN e profundo coñecedor da zona :Falou da morfoloxía , montes, regatos, lugares, etc - Francisco Canosa, xeólogo da universidade de Oviedo tratou sobre a orixe da andalucita no coñecido como “plutón” do Forgoselo, os eventuáis impactos da explotación,etc - Antonio Gómez Corral, profesor, falou sobre a riqueza florística destas fragas con hábitats prioritarios. Nota: información extensa e complementaria e extensa: http://picovello.blogspot.com/; fotografía po-la xentileza de X. Antón Marcal e Xoan Porto. Entrevista a Nés Lopez en Radio Liberdade: http://picovello.blogspot.com/2010/05/ernesto-lopes-activista-de-adega-ferrol.html |