Adega
INICIO Novas Montañas en Rede en Culleredo contra a ampiación de Alvedro
Montañas en Rede en Culleredo contra a ampiación de Alvedro PDF Imprimir Correo-e
Envia Montañas en Rede en Culleredo contra a ampiación de Alvedro a FaceBookEnvia Montañas en Rede en Culleredo contra a ampiación de Alvedro a Twitter

thumb_MonteSanMIguel

A Coruña, 30 de maio de 2010. A asociación ecoloxista ADEGA xunto coa Asociación de Veciños Afectados pola Ampliación do Aeroporto de Alvedro denunciaron onte en Culleredo unha nova agresión medioambiental no marco do programa Montañas en Rede 2010. ADEGA e a Plataforma de Afectados do Aeroporto de Alvedro realizaron onte domingo un acto conxunto no próximo monte de San Miguel. Como todos os anos, esta fin de semana levouse a cabo a 5ª edición Montañas en Rede na que diversos colectivos e particulares de todo o estado reclaman aos políticos un compromiso na protección do espacio natural, dos nosos montes e das nosas montañas frente as agresións que sofren a cotío, principalmente a agresión urbanística que deforesta tanto terreo cada ano.

Dado que fai apenas dous meses o ministerio de Infraestructuras anunciou a obra da ampliación do aeroporto de Alvedro, no concello coruñés de Culleredo, o lugar escollido este ano por Adega foi o monte de San Miguel, un dos cinco que serán desmontados para levar a cabo dita obra; os outros montes afectados son Runs, o Coto de Fontemaior, o Picoto e máis o monte Costa.

ADEGA, así como a Plataforma de Veciños Afectados, consideran esta decisión moi perxudial tanto para o entorno natural como para o entorno social, xa que ademáis de conlevar a destrucción de máis de cen casas de veciños nunha obra cuxos beneficios semellan inexistentes, implican a destrucción por completo de catro dos montes que rodean Culleredo, montes que protexen do vento, e que son un recurso natural, cultural e paixasístico moi valioso e irreemplazable. Esta obra de dimensións faraónicas implicaría, ademáis, o desprazamento de toneladas de terra e residuos durante dous anos, dos que gran parte irán a parar á ría do Burgo axudados pola choiva, afectando tanto ao entorno como á vida subacuática da ría. Tamén cabería preguntarse por qué non se utilizan os cartos da ampliación en rexenerar a Ría do Burgo, clasificada como a ría máis contaminada do continente, como leva pedindo dende fai tempo a Unión Europea.

ADEGA considera que levar a cabo unha agresión á natureza cun impacto ambiental tan alto como está recollido no estudio preliminar non é só innecesaria senón monstruosa a todas luces, e reclama con esta nova acción a detención desta destrucción irracional así como dun debido compromiso dos políticos na protección dos nosos montes.

Máis información da campaña en:

http://adega.gal/info/090121joomla/novas-de-ea/283-montanas-en-rede-2010-as-montanas-si-importan-

http://www.redmontanas.org/index.php?option=com_content&view=article&id=489

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA