Semana da Terra (e a auga) en ADEGA cunha manchea de actividades Imprimir
Envia Semana da Terra (e a auga) en ADEGA cunha manchea de actividades a FaceBookEnvia Semana da Terra (e a auga) en ADEGA cunha manchea de actividades a Twitter

22 de abril de 2013, Día da Terra. ADEGA celebra o Día da Terra cunha semana de actividades e propostas para contribuirmos con solucións e compromiso a enfrontarmos os problemas ambientais, quer o cambio climático. Este ano as Nacións Unidas propoñen a colaboración das persoas e comunidades para poñerlle cara ao cambio climático, un problema global que está ficando nun segundo plano debido á crise económica, e que xa ten repercusións na nosa vida diaria. Para a expoñer en positivo as iniciativas para combater o cambio climático, ADEGA proponvos participar nun Encontro Solar (24 de abril na UDC); coñecer a iniciativa sobre o Camiño Escolar (26 de abril) que vai comezar en Carballo; formarte como auditor/a dos nosos ríos (27 de abril) ou participar nun roteiro para coñecer os proxectos de custodia fluvial (28 de abril).

 

I ENCONTRO SOLAR NA UDC. Mércores 24 de abril, a partir das 11: 00 h na praza da Fraga (A Zapateira)

ENCONTRO SOLAR pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático. 
Programa:
11.00 h – 16.00 h Praza da Fraga. Exposición de aparellos solares; cociñas e fornos solares, cargadores solares para móbiles, PDAs, etc. e outros aparellos.
11.00 h – 16.00 h Praza da Fraga. Gastronomía solar; cociña e degustación de platos elaborados con enerxía solar, chocolate, infusións, etc.
12.00 h – 13.00 h Campus da Zapateira- Elviña. Roteiro solar; visitaremos unha instalación fotovoltaica da UDC e  un centro con elementos de bioclimatización. Este roteiro será guiado polo Técnico Superior de Mantementos da UDC, Jesús Manuel Giz Novo. Para o roteiro é preciso inscribirse no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . O punto de encontro será na mesa da OMA (no Encontro Solar da Praza da Fraga)
11.00 h – 16.00 h Praza da Fraga. Mercadiño de troco; aproveitaremos a xornada para reutilizar os obxectos ou roupa que xa non precisemos organizando un mercadiño de troco, na praza teremos ao voso dispor unha mesa onde podedes deixar aquilo que xa non precisedes (libros, roupa…) e trocalos por algo que vos interese.
Para máis información podes visitar o blog;  http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
 
"CARRAPUCHIÑA CAMIÑA SOA". UNHA EXPOSICIÓN E FORO SOBRE A REINTRODUCIÓN DA INFANCIA NA CIDADE. Venres 26 de abril, 17h, FORUM Carballo.
Unha iniciativa en colaboración co CENEAM e o concello de Carballo para fomentar a autonomía infantil e reducir os desprazamentos en automóbil aos centros escolares, recuperando as rúas para as persoas,e  particularmente para as crianzas.
Programa
17h. Apresentación do foro e inauguración da exposición
-Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo.
-Xosé Regueira, concelleiro de xestión municipal do Concello de Carballo.
-Virginia Rodríguez, Presidenta de ADEGA.
17:10h. O camiño escolar e a autonomía infantil
-Pilar Monterrubio, Área de Educación e Cooperación do CENEAM.
17:40h. A experiencia de Pontevedra co camiño escolar
-Demetrio Gómez, concelleiro coordenador do rural, xuventude e normalización  do Concello de Pontevedra.
-Daniel Macenlle, xefe da Policía Local do Concello de Pontevedra.
18:20h. A experiencia das nais e pais
-Juan Pérez, presidente da ANPA do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.
18:45h. Proxección do Vídeo “Camino Escolar, pasos hacia la autonomía infantil”, de Marta Román Rivas e Isabel Salís Canosa.
19:00h.  Foro aberto de debate
20:00h. Encerramento
 
XVII XORNADAS DE FORMACIÓN DE COORDENADORES/AS DO PROXECTO RÍOS. Sábado 27 de abril, Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía)
Falaremos de proxectos de educación e voluntariado ambiental nos cursos fluviais, e contaremos coa presenza de Pilar Monterrubio, responsable do Seminario de Voluntariado en Ríos do CENEAM. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo.
Programa
11:00. Chegada e entrega de material.
11:15. Estado do Proxecto Ríos.
11:30.Educación ambiental e voluntariado ambiental nos cursos fluviais.
-Iniciativas e actividades de educación ambiental.Virginia Rodríguez. Proxecto Ríos.
-Seminario de Voluntariado en Ríos. Pilar Monterrubio. CENEAM.
14:00. Xantar.
15:30. Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.
19:00. Clausura do curso.
O curso é gratuíto. O número de prazas é limitado, polo que é preciso inscribirse, tanto por teléfono: 981 57 00 99, como por correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
 
ROTEIRRÍOS 2013. TREITO ALTO DO RÍO LÉREZ. Domingo 28 de abril, Forcarei
Ruta circular polo novo tramo de pesca sen morte. A ruta aberta a toda a cidadanía pero con prazas limitadas percorrerá o novo tramo de pesca sen morte creado ao abeiro do Proxecto de Creación dunha rede de Custodia Fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez. Iniciativa de ADEGA financiada con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o AGADER que se desenvolve no Grupo de Desenvolvemento Rural número 20, nos concellos de Forcarei, Cuntis e A Estrada. Inscrición xa pechada.
 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com