Neste Xacobeo non esquezas a túa "Guía de boas práticas ambientais do Camiño de Santiago" Imprimir
Envia Neste Xacobeo non esquezas a túa "Guía de boas práticas ambientais do Camiño de Santiago" a FaceBookEnvia Neste Xacobeo non esquezas a túa "Guía de boas práticas ambientais do Camiño de Santiago" a Twitter
vacaloura.jpgA Guia de BOAS PRACTICAS CS.pdf GUÍA de BOAS PRÁCTICAS AMBIENTAIS do CAMIÑO DE SANTIAGO (1.80 MB), xurde da intención de ADEGA para, entre todos/as, colaborarmos a "ambientalizar" o vindeiro ano xacobeo e promover actitudes respectuosas co patrimonio natural e cultural do Camiño. Xunta aos consellos e boas práticas, incluimos tamén unha ficha de denuncia para que poidades enviar a ADEGA as vosas observacións sobre agresións e impactos no percorrido, así coma os comentarios e suxestións para millorar aquelas cuestións de incidencia ambiental no Camiño.

 


Coñecedores/as de que os peregrinos son un colectivo bastante sensibilizado, pretendemos que sexan tamén respectuosos/as co ambiente salientando aquelas pequenas cousas que poden contribuir a manter vivos os valores ambientais do camiño xacobeo. Por iso a guía, ademáis de prácticos consellos e información ambiental de utilidade inclúe unha pequena ficha de denuncia ambiental e outra de observación, que podedes logo enviar a ADEGA.
A guía ten un pequeno formato adaptado para camiñantes que precisan as mans libres, e desenvólvese en varios epígrafes: O lixo; as especies vexetais e animais do Camiño; as pedras do Camiño, a paisaxe, a auga e o patrimonio cultural e arquitectónico. Faise tamén unha pequena referencia xeral ao entorno do Camiño: montañas, vales, ríos, estradas, vilas, transporte, albergues, comida...
O protagonista desta guía é o eco-peregrino simbolizado por unha vacaloura, insecto ameazado e en perigo de desaparición. Foi editada en vários idiomas: galego, español, português, e inglés, e está distribuída nos locais asociados ao Xacobeo 2010 en Galiza.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com