Xornada voluntariado Charcas con Vida en Ourense Imprimir
Envia Xornada voluntariado Charcas con Vida en Ourense a FaceBookEnvia Xornada voluntariado Charcas con Vida en Ourense a Twitter

IMG 11925 de setembro de 2013. Charcas con vida convoca outra xornada de voluntariado ambiental que se celebrará este o sábado 21 e domingo 22 de setembro. O lugar escollido desta vez son dúas localidades da provincia de Ourense: Xunqueira de Espadanedo e Montederramo. Durante estes dous días construiremos unha charca e traballaremos na recuperación doutras. Xa está aberto o prazo de inscricións.

As charcas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade. Por iso a creación dun pequeno humidal favorece a biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou para desenvolver os seus ciclos vitais. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións. Dende o proxecto Charcas con Vida queremos achegar á cidadanía a estes lugares e dar ferramentas válidas para a súa conservación. Qué mellor maneira de facelo que construíndo unha charca e aprender facendo!!!

O voluntariado contará con seguro de accidentes e terá os gastos cubertos, incluído o aloxamento do venres.

Se queres participar contacta co local nacional de ADEGA (981 57 00 99) e deixa os teus dados, no móbil 649 611 508, ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Descarrega o cartaz da xornada

O proxecto Charcas con Vida conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de investigaçao em iiodiversidade e recursos genéticos, Portugal).

37. Inspectores

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com