O SEPRONA confirma as graves irregularidades denunciadas na canceira do Carballiño Imprimir
Envia O SEPRONA confirma as graves irregularidades denunciadas na canceira do Carballiño a FaceBookEnvia O SEPRONA confirma as graves irregularidades denunciadas na canceira do Carballiño a Twitter
20 de marzo de 2009. As denuncias feitas por ADEGA, Amigos da Terra e Matar por matar, NON! polo estado da canceira do Carballiño, veñen de ser verificadas agora polo SEPRONA que interpuxo catro denuncias perante Consellería de Medio Ambiente. O pasado 3 de marzo, membros dos tres grupos ecoloxistas personámonos no cuartel do Carballiño para denunciar as graves irregularidades e outras circunstancias alarmantes como o drástico descenso de cans e a presenza dunha foxa cun gran número de cadáveres provintes da propia canceira (70 segundo os informes do SERPONA).

Dende o ano 2008 sucédense as denuncias interpostas polas diferentes asociacións galegas sobre a cuestionábel xestión desta canceira. A falta de subministro eléctrico, de auga potábel, de coidados diarios aos animais, de condicións mínimas de habitabilidade, alimentación e salubridade, e denuncias pola falta dun servizo veterinario oficial. desta volta, hai que engadir tamén as dúbida sobre cal é a razón da morte dos cans compilados na foxa, a falta dun rexistro dos cans e de facultativo que certifique as causas da morte.
Coa investigación levada a cabo polo SEPRONA e segundo se desprende do propio contido das denuncias que a Garda Civil tramitou, verifícanse cada un dos puntos que Amigos da Terra, Matar por matar, NON! e ADEGA, denunciaron. A alarma social que suscita este tema ven provocada polo rexeitamento masivo dos/as carballinenses a unha situación vergoñenta e inmoral.
Lonxe quedan as declaracións de membros do concello de O Carballiño cando trataban de acusar aos ecoloxistas dunha interrupción violenta na canceira que nunca se probou, e a presunta inexistencia de cada un dos puntos que se puxeron en coñecemento das autoridades competentes e os medios de comunicación. Deste xeito, todos os intentos feitos por parte dos responsables do concello de deixar a estas asociacións como “mentireiras”, amósanse inútiles e queda probada a falta á verdade das súas acusacións.
Algúns dos puntos que recollen as denuncias do SEPRONA tras a súa inspección ocular e conseguinte investigación son:
  • Que o número de cans desaparecidos neste ano, son 76 dos 218 que custodiaba Outeiro
  • Que existe unha foxa na que se atopan almacenados cadáveres de cans, moitos en avanzado estado de descomposición mentres que outros non amosan sinais de putrefacción, polo que chegan á conclusión de que non levan moitos días depositados (achegan fotografías).
  • Que non existe un Libro de Rexistro no que consten os datos dos animais como o destino dos cadáveres coa correspondente aprobación dun veterinario competente
  • Que a canceira de A Medela non está dada de alta no Rexistro de Establecementos de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade de Galicia
  • Que carece de servizos veterinarios axeitados e dunha sala de curas ou primeiros auxilios para atender aos animais feridos
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com