O TSXG avala a defensa dun camiño público usurpado por Fontnatura S.L. en Friol |
![]() |
![]()
No acordo municipal, que resolvía un expediente tramitado a raíz de varias denuncias presentadas pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) e veciños afectados pola extracción de augas subterráneas que FONTNATURA pretende desenvolver en Serén, dábase aos responsables da sociedade un prazo de dous meses para cumprir a orden de reposición, prazo que quedara suspendido ao acudiren estes á vía xudicial. Na recente sentenza, que pon fin a dita vía xudicial, recoñécese sen ambaxes a “realidade dunha usurpación ou indebida apropiación dun vial de inequívoca e recoñecida natureza pública” e que “a usurpación do vial público non conta con respaldo formal ou legal algún”. ADEGA e os veciños afectados afirman que o fin da usurpación realizada polos socios de FONTNATURA foi o de reunir os terreos necesarios para a obtención de varios permisos administrativos requiridos para a realización da actividade extractiva. O colectivo ecoloxista e os veciños valoran de forma moi positiva a sentenza do Tribunal Superior Galego, que, como tiñan feito antes o Concello de Friol e o Xulgado de Lugo, “deixa ao descuberto” as ilegais maneiras de proceder dos responsables da mercantil. Como consecuencia da sentenza, reactívase a eficacia da orde municipal, podendo o Concello proceder á imposición de multas coercitivas ata conseguir a efectiva reposición do camiño ao seu estado orixinal ou executala subsidiariamente se os responsables de FONTNATURA SL non o fan voluntariamente no prazo de dous meses desde que tiveron coñecemento da sentenza. |