Adega
INICIO Delegacións Costa da Morte
Costa da Morte
Bota a andar a Asociación Monte Pindo Parque Natural PDF Imprimir Correo-e
Envia Bota a andar a Asociación Monte Pindo Parque Natural a FaceBookEnvia Bota a andar a Asociación Monte Pindo Parque Natural a Twitter
LuaPindo25 de outubro de 2010. Un grupo de persoas preocupadas polo devir do noso medio ambiente e apaixoadas polo Monte Pindo, reuníronse para constituír formalmente a Asociación Monte Pindo Parque Natural, unha organización sen ánimo de lucro de carácter plural, a través dunha ampla Comisón Reitora con 11 vogalías territoriais para garantizar o trato directo con veciños e axentes sociais. Poucas palabras poden expresar mellor as motivacións desta nova organización como as escollidas por Xilberte Caamaño, o primeiro presidente: "Ningún galego/a entendería que a Catedral de Santiago estivese abandonada, ou queimara cada dez anos; pois o Monte Pindo é a nosa catedral". ADEGA quere transmitir os seus parabéns á nova asociación comprometendo o seu apoio ás iniciativas que poña en marcha para conquerir a declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
10/10/10: Festa ecolóxica en Quilmas dentro da campaña mundial 350.org PDF Imprimir Correo-e
Envia 10/10/10: Festa ecolóxica en Quilmas dentro da campaña mundial 350.org a FaceBookEnvia 10/10/10: Festa ecolóxica en Quilmas dentro da campaña mundial 350.org a Twitter
Ecofesta1Este domingo 10/10/10 en Quilmas (Carnota) celebramos unha festa ecolóxica coa promoción de produtos locais e de cultivo ecolóxico dentro dos actos mundiais da campaña 350.org. A cooperativa Rainha Lupa, organizadora do evento, nace da resposta social contra a ampliación da planta de piscicultura de Stolt Sea Farm e que iría ocupar unhas 30 hectáreas e substituir a terra cultivada por piscinas de cemento e plástico para rodaballos dopados.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Estrea do documental "Salmonopoly" en Quilmas (Carnota) PDF Imprimir Correo-e
Envia Estrea do documental "Salmonopoly" en Quilmas (Carnota) a FaceBookEnvia Estrea do documental "Salmonopoly" en Quilmas (Carnota) a Twitter

Este domingo día 19 ás 20h no local de ADEGA-Costa da Morte en Quilmas (Carnota) proxectarase o documental "Salmonopoly" sobre as prácticas da acuicultura industrial da empresa Marine Harvest, que xunto con Stolt Sea Farm pertencen ao mesmo grupo industrial Stolt Nielsen, con sé nas Bermudas. No acto contaremos coa presenza do director de documentais Wilfried Huismann, realizador da cinta Salmonopoly rodada en Noruega e Chile.

Máis información: 697364124 (Xosé Manuel Casais, ADEGA-CdM)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Palestra en Carnota: MONTE PINDO, PARQUE NATURAL! PDF Imprimir Correo-e
Envia Palestra en Carnota: MONTE PINDO, PARQUE NATURAL! a FaceBookEnvia Palestra en Carnota: MONTE PINDO, PARQUE NATURAL! a Twitter
CharlaPindoTítulo: MONTE PINDO, PARQUE NATURAL!
Lugar: Colexio Público do Pindo (O Pindo, Carnota)
Data: Sábado 18 de setembro
Hora: 18:00 horas
Relatores: Nuria Pampín Rei, responsábel local de Galiza Nova de Carnota (Presentadora e moderadora)
Mario Maceiras Dosil, responsábel comarcal de Galiza Nova - Costa da Morte
Martiño-Fiz López Lindoso, relator da iniciativa Monte Pindo Parque Natural
Fins Eirexas Santamaría, secretario executivo de ADEGA
Ligazón á PÁXINA DO FACEBOOK. Pica en "ler máis" para ver máis fotos do acto.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Profesores, investigadores e ecoloxistas solicitan a criazón do Parque Natural do Monte Pindo PDF Imprimir Correo-e
Envia Profesores, investigadores e ecoloxistas solicitan a criazón do Parque Natural do Monte Pindo a FaceBookEnvia Profesores, investigadores e ecoloxistas solicitan a criazón do Parque Natural do Monte Pindo a Twitter
opindoPNfCompostela, 7 de setembro de 2010. Profesores universitarios galegos, investigadores e representantes ecoloxistas apoian a proposta para a criazón do Parque Natural do Monte Pindo, que sería o sétimo existente en Galiza. O Monte Pindo apresenta 5 hábitats protexidos pola Directiva Europea 92/43/CE, 8 especies vexetais protexidas pola lexislación galega e 12 especies de fauna inseridas en distintos Libros Vermellos, segundo o documento revisado por Xavier Amigo, Profesor de Botánica da USC e Pedro Galán, Profesor de Zooloxía da UAC. Mentres a Xunta tenta rebaixar Corrubedo de parque natural a parque periurbano, abríndolle as portas á especulación, o mundo científico e os ecoloxistas apostamos pola conservación como motor do desenvolvemento sustentábel nas áreas protexidas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 3

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

quilmasbanner2.gif



ADEGA