Adega
INICIO Delegacións Alto Ulla
Alto Ulla
ADEGA e o Foro do Camiño Primitivo recuperarán un treito da vía histórica no concello de Toques PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e o Foro do Camiño Primitivo recuperarán un treito da vía histórica no concello de Toques a FaceBookEnvia ADEGA e o Foro do Camiño Primitivo recuperarán un treito da vía histórica no concello de Toques a Twitter
Camio_na_Pena_Ferrada_2010Toques, 16 de novembro de 2010. Voluntari@s de ADEGA e as asociacións do Foro do Camiño Primitivo promoven este sábado día 20 dunha actividade de campo consistente na recuperación e sinalización dun treito da calzada histórica do Camiño de Santiago no Concello de Toques (A Coruña). A xornada completarase coa visita á Aula da Natureza de Souto, un roteiro polo Marco do Careón, através do Camiño Primitivo e un magosto na Eira da Xoana. Podedes baixar a Programación da Xornada (PDF 432 Kb) á que vos convidamos a participar, xunto co cartaz informativo.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Magosto etnográfico na Eira da Xoana PDF Imprimir Correo-e
Envia Magosto etnográfico na Eira da Xoana a FaceBookEnvia Magosto etnográfico na Eira da Xoana a Twitter
SXEiraEste sa?bado 20 de novembro ADEGA e o Foro do Camin?o Primitivo organizan unha XORNADA ETNOGRA?FICA NO ALTO ULLA, dedicada a recuperar un treito do Camin?o Primitivo que foi desviado da su?a traza histo?rica no Concello de Toques e a gozar dunha tarde de lecer que rematara? nun magosto na Eira da Xoana (ligazón GOOGLE maps), para cumprir co fermoso ritual gastrono?mico de agasalla?rmonos cunha boa castan?ada. Actividades: RECUPERACIO?N dun treito do Camin?o Primitivo en Toques; ROTEIRO pola Vi?a Primitiva no Marco do Careo?n. e MAGOSTO na Eira da Xoana. No interior da nova, pódense ver os CROMOS do magosto.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Supremo fai prevalecer a propiedade comunal do monte e o patrimonio fronte unha canteira en Palas PDF Imprimir Correo-e
Envia O Supremo fai prevalecer a propiedade comunal do monte e o patrimonio fronte unha canteira en Palas a FaceBookEnvia O Supremo fai prevalecer a propiedade comunal do monte e o patrimonio fronte unha canteira en Palas a Twitter

MerlnPalas de Rei, a 05 de novembro de 2010.- ADEGA manifesta a súa satisfacción pola resolución do Tribunal Supremo que ratifica a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza de 2007 emitida a favor dos veciños e veciñas das parroquias de Merlán e Hospital, do concello de Palas de Rei, pola que se fai prevalecer a propiedade comunal do monte e a preservación do patrimonio natural e hitórico-cultural ( Camiño de Santiago)  fronte a posta en explotación dun dereito mineiro da empresa Cuarzos Industriales, propiedade do Sr. Villar Mir, de hai máis de 30 anos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Xornadas micolóxicas na Eira da Xoana PDF Imprimir Correo-e
Envia Xornadas micolóxicas na Eira da Xoana a FaceBookEnvia Xornadas micolóxicas na Eira da Xoana a Twitter
muscariaSábado 30 de outubro. O outono oferécenos múltiples posibilidades. É a estación dos froitos, da recolleita... Acheguémonos ao interesante mundo dos cogumelos, aprendendo a diferencialos, valorando a súa diversidade e, como non, apreciando os seus sabores e as súas múltiples posibilidades culinarias. Na Eira da Xoana, o equipamento de ADEGA en Ramil (Agolada), este sábado a partires das 11h. Consulta ubicación e percorrido através desta ligazón do GOOGLE MAPS
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Eira da Xoana, premio Gómez Román de arquitectura popular PDF Imprimir Correo-e
Envia A Eira da Xoana, premio Gómez Román de arquitectura popular a FaceBookEnvia A Eira da Xoana, premio Gómez Román de arquitectura popular a Twitter
EiraXoanaCon motivo do Día Mundial da Arquitectura (primeiro luns de outubro) a Asociación Setestrelo vén de fallar os premios Gómez Román de arquitectura tradicional. Nesta primeira edición, o equipamento de ADEGA "A Eira da Xoana", sé do proxecto Aldeaverde, acadou o galardón na categoría de construcións tradicionais rehabilitadas e restauradas. O xurado valorou que esta intervención, ubicada na parroquia de Ramil, n'A Golada, conxuga "unha perfecta comprensión das construcións e a contorna vinculante, co resultado de recuperación da autenticidade e o ambiente tradicional, sen deixar de recrear a capacidade de provocar unha actual experiencia identitaria". Paradoxalmente, este recoñecemento coincide coa denegación pola Consellaría de Cultura de senllas axudas á Eira da Xoana para o equipamento e realización de actividades culturais. Será que só hai cartos para o Xacobeo e o Papa? Baixa a proposta premiada Proxecto "Eira da Xoana" (1.75 Mb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 4

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA