ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian agresións ao Castro de Sumoas, en Xove Imprimir
Envia ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian agresións ao Castro de Sumoas, en Xove a FaceBookEnvia ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian agresións ao Castro de Sumoas, en Xove a Twitter

sumoasA Mariña, 30 de maio de 2011. ADEGA e MariñaPatrimonio denunciamos diante do SEPRONA e o Servizo de Patrimonio da Xunta de Galiza a agresión que está a sufrir o castro inventariado de Sumoas no concello de Xove (Lugo). O xacemento de Sumoas quedou sepultado baixo unha morea de toneladas de terra que foron alí depositadas por varios camións de procedencia descoñecida. Esta acción constitúe un recheo ilegal e unha grave agresión ao Patrimonio arqueolóxico de Galiza, polo que pedimos a inmediata paralización destes depósitos de entullo e que se concreten as responsabilidades penais, civís e administratrivas que esta agresión conleva, así como a retirada do material que conforma o recheo.

Mariñapatrimonio e ADEGA lamentamos que os poderes públicos, o Concello de Xove e a Xunta, que por lei teñen a obriga de protexer o Patrimonio  Cultural de Galiza, fosen incapaces de detectar e poñer fin a unha agresión destas dimensións nun xacemento perfectamente coñecido e inventariado. Así mesmo, pedimos que a administración estea máis atenta á preservación do patrimonio público galego e que dispoña das capacidades legais que lle outorga a lei para evitar que este tipo de agresións contra o noso patrimonio se volvan repetir.

Podes ver máis fotos da desfeita premendo AQUÍ.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com