Adega
INICIO Delegacións A Coruña
A Coruña
A invasora ameixa asiática xa chegou ao río Mero PDF Imprimir Correo-e
Envia A invasora ameixa asiática xa chegou ao río Mero a FaceBookEnvia A invasora ameixa asiática xa chegou ao río Mero a Twitter
corbicula114 de marzo de 2011. ADEGA vén de constatar a presenza da ameixa asiática (Corbicula fluminea) no río Mero, nun treito pertencente ao concello de Cambre. Trátase da poboación máis nor-occidental da Península Ibérica desta invasora. A ameixa asiática é un bivalvo de auga doce orixinario de Asia que penetrou en Galiza en 1989. Até o de agora a súa distribución limitábase á bacía do Miño mais o recente descubrimento na do Mero, sen conexión coa anterior, representa un preocupante avanzo desta invasora. ADEGA demanda da Xunta a posta en marcha de planos de prevención e erradicación das especies invasoras, especialmente as fluviais, que poñen en perigo a nosa biodiversidade autóctona e que, como a ameixa asiática ou o mexilón cebra, poden orixinar ademais importantes perdas económicas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA no Espazo Solidario 2011 PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA no Espazo Solidario 2011 a FaceBookEnvia ADEGA no Espazo Solidario 2011 a Twitter
espazosolidarioA Coruña, 20 de febreiro de 2011. O pasado día 19 de febreiro ADEGA participou no Espazo Solidario que se celebrou por segundo ano consecutivo na Coruña. Nesta ocasión reuníronse varias asociacións vinculadas co voluntariado en distintos ámbitos sociais que ofreceron información á xente que se achegou ao longo de todo o día. Dende o noso posto tivemos a oportunidade de presentarlle aos coruñeses ADEGA e as súas actividades na comarca, así como os seus proxectos a nivel nacional.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
ADEGA ADVIRTE DOS FUTUROS PROBLEMAS DA EDAR DE BARRAÑÁN NO DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA  ADVIRTE DOS FUTUROS PROBLEMAS DA EDAR DE BARRAÑÁN NO DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS a FaceBookEnvia ADEGA  ADVIRTE DOS FUTUROS PROBLEMAS DA EDAR DE BARRAÑÁN NO DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS a Twitter

depuradoraSisaldeA Coruña, 2 de febreiro de 2011. A Estación Depuradora de Augas Residuais de Barrañán ten o seu punto de vertido unha zoa de escaso caudal no río Sisalde, sendo este problema máis acusado no verán, cando case chega a secarse de todo provocando que os vertidos da EDAR desprendan un forte olor e deixando todo de cor negro. Esto foi así o ano pasado apesares de que ainda non estaban conectados á depuradora a maioría de núcleos aos que prestará servizo. ADEGA quere resaltar a importancia de que esta depuradora cumpra coa lexislación vixente xa que se atopa na zona húmida de Sisalde, no Concello de Arteixo, que é unha área de gran importancia ecolóxica pola gran variedade de seres vivos que alberga ao longo do ano, destacando as especies de aves acuáticas ligadas aos humidais; ademáis xa no ano 2004  pediuse que fora clasificado como Refuxio de fauna.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Plataforma en Defensa do Mandeo denuncia a deixadez das autoridades PDF Imprimir Correo-e
Envia A Plataforma en Defensa do Mandeo denuncia a deixadez das autoridades a FaceBookEnvia A Plataforma en Defensa do Mandeo denuncia a deixadez das autoridades a Twitter
Río MandeoA Coruña, 21 de decembro de 2010. A PLATAFORMA DEFENSA MANDEO, que inclúe persoas de diversos colectivos como ADEGA, GREENPEACE, ASOCIACIONS VECIÑAIS, ASOCIACIONS DE PESCADORES, etc, e, asemade, de diversas localidades, ven de manter unha reunión o mércores pasado co fin de estudar a situación do Vertedoiro de As Pías, en Sobrado e as posíbeis medidas de actuación. As conclusións ás que se chegaron foron de unha gran preocupación polo agravio medioambiental que se está producindo na localidade de Sobrado, coa importante engádega da proximidade do nacemento do río Mandeo á canteira que se está recheando co lixo “sobrante” de Nostián.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA, e outras asociacións pídenlle a Ministra que deteña a ampliación de Alvedro PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA, e outras asociacións pídenlle a Ministra que deteña a ampliación de Alvedro a FaceBookEnvia ADEGA, e outras asociacións pídenlle a Ministra que deteña a ampliación de Alvedro a Twitter

MonteSanMiguelA Coruña, 16 de decembro de 2010. A asociación ecoloxista ADEGA, a asociación de veciños O Noso Burgo e a Asociación de Afectados pola Ampliación do Aeroporto envíaronlle onte á tarde unha carta a nova ministra de Medio Ambiente pedíndolle a revisión o documento de Declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación do aeroporto de Alvedro, facendo incidencia na sospeitosa aprobación do proxecto en base ás necesidades do Ministro de Fomento e na falta de rigor do estudio.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 8

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA