Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
XI Curso de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos
Sábado, 17. Abril 2010, 11:00 - 19:00
XI CURSO DE FORMACIÓN DE COORDENADORES/AS DO PR

O próximo sábado día 17 de abril terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as XI Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos.

Logo de cumprir 5 an os de andaina, dende o Proxecto Ríos deseñouse un plano estratéxico para enfocar o traballo dos vindeiros anos. Un dos obxectivos que nos marcamos dende a coordinación do proxecto é a renovación dos materiais de inspección, fundamentalmente do Manual de Inspección. Modificamos algúns aspectos da metodoloxía para adaptar os resultados ás necesidades da Directiva Marco da Auga. Queremos aproveitar as xornadas para presentavos estes cambios.
As xornadas serán logo o foro no que o voluntariado do Proxecto Ríos que o desexe faga aportacións e avalie os cambios propoñendo melloras, etc…. Os materiais de inspección están deseñados para vos polo que consideramos moi importantes as vosas suxestións. Por iso, animámosvos a participar neste curso de formación na que revisaremos os cambios na metodoloxía.
A sesión da tarde adicaremola como outros anos ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo.

PROGRAMA DAS XI XORNADAS DE FORMACIÓN

11.00 - Chegada e entrega de material
11.30 - Presentacións dos novos materias de inspección, metodoloxía, novos reactivos, etc
12.00 - Dinámica participativa para avaliar os materiais
13.00 - Saída ao río para avaliar os novos reactivos
14.00 - Xantar
15.30 - Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados
19.00 - Clausura do curso

Dado que hai un número limitado de plazas é preciso inscribirse, tanto por teléfono : 981.57.00.99 como a través do correo electrónico. ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )
A inscripción é gratuíta, só tedes que levar a comida.

Para máis información consulta a páxina web www.proxectorios.org
Contacto : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
http://www.proxectorios.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA