Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Encontro solar na UDC
Mércores, 24. Abril 2013, 11:00

I ENCONTRO SOLAR NA UDC

24 de Abril, a partir das 11: 00 h na praza da Fraga (A Zapateira)

O próximo 24 de abril terá lugar a terceira actividade da Primavera Ambiental, o “I Encontro Solar na UDC.

O sol é o principal responsable da vida no planeta: regula o ciclo da auga, orixina os ventos polas diferenzas de temperatura e presión, permite a fotosíntese… é dicer, é a orixe de case todas as fontes de enerxía: hidraúlica, eólica, biomasa, carbón, etc. Nun ano o sol envía á terra catro mil veces a enerxía que consumimos. Porén, o uso desta enerxía solar directa está aínda moi pouco estendido.

O  ENCONTRO SOLAR pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático. 

Programa:

11.00 h – 16.00 h Praza da Fraga. Exposición de aparellos solares; cociñas e fornos solares, cargadores solares para móbiles, PDAs, etc. e outros aparellos.

11.00 h – 16.00 h Praza da Fraga. Gastronomía solar; cociña e degustación de platos elaborados con enerxía solar, chocolate, infusións, etc.

12.00 h – 13.00 h Campus da Zapateira- Elviña. Roteiro solar; visitaremos unha instalación fotovoltaica da UDC e  un centro con elementos de bioclimatización. Este roteiro será guiado polo Técnico Superior de Mantementos da UDC, Jesús Manuel Giz Novo. Para o roteiro é preciso inscribirse no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . O punto de encontro será na mesa da OMA (no Encontro Solar da Praza da Fraga)

11.00 h – 16.00 h Praza da Fraga. Mercadiño de troco; aproveitaremos a xornada para reutilizar os obxectos ou roupa que xa non precisemos organizando un mercadiño de troco, na praza teremos ao voso dispor unha mesa onde podedes deixar aquilo que xa non precisedes (libros, roupa…) e trocalos por algo que vos interese.

Para máis información podes visitar o noso blog;  http://medioambienteudc.blogspot.com.es/ Agardámosvos!

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA