Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Voluntariado ambiental contra as especies invasoras nas dunas
Xoves, 18. Xullo 2013, 10:00
inv1 Ademais de seguir divulgando a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares, estas accións teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral e facilitar ferramentas de conservación á cidadanía. Outros dos obxectivos é acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares. As actividades do proxecto Conservando as nosas dunas para este ano, consistirán en dúas xornadas de voluntariado ambiental para a eliminación de flora exótica invasora que se realizarán os días 18 de xullo (lagoas de Xuño e Muro, Porto do Son) e 10 de outubro (praia da Corna, Pobra do Caramiñal). Por razóns de axenda a xornada do 23 de xullo na Corna adiámola até outubro. Xa está aberto o prazo de inscrición.

O xoves 18 de xullo as actuacións de voluntariado serán no concello de Porto do Son, co cal ADEGA ten asinado un convenio de custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello. Esta xornada de eliminación de flora invasora será na praia de Areas Longas traballándose tanto nas dunas como nas lagoas litorais de Xuño e San Pedro de Muro (pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo). Deste xeito damos continuidade aos traballos realizados na mesma iniciativa no 2012, e a iniciativa  Móllate polos humidais en 2011.

A segunda xornada de voluntariado, inicialmente prevista para o 23 de xullo tasládase ao 10 de outubro, e será na praia da Corna (Pobra do Caramiñal), onde realizaremos un ano máis labores de eliminación de flora exótica invasora. Esta praia ten26. levando os sacos red un ecosistema dunar ben conservado mais conta con numerosas ameazas que poñen en perigo  tanto a flora como a fauna. Tamén é un dos lugares da nosa costa onde podemos atopar píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) a cal se atopa en estado vulnerable en Galicia. Esta actuación dará continuidade aos traballos realizados por ADEGA no  proxecto Corna, no que alén de eliminar flora exótica invasora, realizouse unha campaña divulgativa sobre o valor deste ecosistema e a necesidade de protección da píllara das dunas, o ano pasado dentro do proxecto Conservando as nosas dunas  tamén se realizaron labores do mesmo tipo.

Serán actividades gratuítas onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    tlf: 616 238 050

Coa colaboración de:

logo color

 

Contacto : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo tlf: 616 238 050

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA