Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Palestra sobre as verteduras de lamas tóxicas en Ferrolterra e Ortegal
Venres, 5. Xullo 2013, 20:30

charlalamasCASA DA CULTURA DE SAN SADURNIÑO, VENRES 5 ÁS 20:30

Os tecnosolos veñen sendo chans artificiais producidos a partir de residuos de distintas actividades industriais que, debidamente tratados, teñen un alto poder fertilizante. Porén, tamén poden ter un alto poder contaminante, sobre todo se non se procesan adecuadamente ou se se depositan en ecosistemas vulnerables, como pode ser preto de ríos e mananciais ou en contornos con especies vexetais e/ou animais sensibles.

Nos últimos meses esta actividade foi noticia debido á vertedura de materiais de dubidosa seguridade en varios concellos das comarcas de Ferrolterra e Ortegal que provocaron fortes cheiros, risco sanitario e de contaminación ambiental na zona e unha grande alarma social.

Finalmente a presión veciñal e as denuncias ecoloxistas conseguiron que a Xunta obrigase á empresa Xilo Galicia -responsable das verteduras- a paralisar o depósito e retirar os materiais, que mesmo chegaron a contaminar traídas da auga. É o resultado de tentar facer pasar por tecnosolo o que en realidade son residuos contaminantes en forma de lama.

Para ver as diferencias e debater sobre a idoneidade e a seguridade dos chans artificiais, o Concello organizou un coloquio informativo no que participarán representantes de ADEGA, da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e de Verdegaia. Ademais tamén están convidados os alcaldes da comarca e incluso responsables de empresas especializadas neste tipo de materiais.


Porén, o peche da mina e a súa conversión en lago e o remate dos traballos na escombreira das Pontes levaron á empresa a buscar novos destinos para os lodos. E xa non foron espazos que cumpría rexenerar, senón que se empregaron como depósitos incontrolados montes e praderías co argumento das magníficas propiedades fertilizantes das lamas industriais. E, efectivamente, os lodos fertilizan... pero tamén contaminan, tal e como asegura un estudo analítico realizado por ADEGA en varios puntos da comarca. O seu informe -dispoñible nesta ligazón- apunta que se produciu contaminación por metais pesados en acuíferos e terras de labradío e mesmo reclama que se investigue a comisión dun posible delicto ambiental.
 
 

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA