Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Debate da ILP dos 3R no Parlamento e concentración de apoio
Martes, 14. Maio 2013, 10:30

Incineracion. ILP.2012Por segunda vez na historia do Parlamento, este vindeiro martes 14 de maio a partires das 10:30h vaise debater unha Iniciativa Lexislativa Popular sobre os residuos, co obxecto de que a Xunta cumpra as leis e adique recursos á redución, reutilización, reciclaxe (3Rs) e compostaxe en troques de seguir financiando a incineración de SOGAMA.

Co respaldo de case 22.000 galegos e galegas que queremos outra política de xestión de residuos máis ecolóxica e solidaria, o voceiro da Comisión Promotora o prof. Manuel Soto Castiñeira, catedrático de Enxeñaría Química da UDC, subirá á tribuna do Parlamento a defender un ambiental máis san para todos e todas.

Acode este martes14 ao Parlamento para amosares o teu apoio á proposta e faille ver á Xunta que a incineración e o vertido que perpetra SOGAMA cos nosos residuos é, ademais de caduco, contaminante e caro, un sistema contrario ás leis que promoven a reciclaxe.

Participa na concentración fronte ao Parlamento este martes 14 a partires das 11:30h

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA