Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Pola lingua que nos une: Manifestación nacional en Compostela
Domingo, 27. Xaneiro 2013, 12:00

Difunde a manifestación do 27 de xaneiro!

Xa podes participar activamente na difusión da información sobre a manifestación nacional en defensa da nosa lingua que a Plataforma Queremos Galego convocou para este 27 de xaneiro.

É importante que ningunha persoa preocupada polo galego fique na casa ese día, mais lembra que desde xa mesmo TI tes un papel importante que cumprir para garantirmos que a mobilización do 27X sexa un éxito:

1. Asina aquí o manifesto "Queremos galego na escola! Derrogación XA do decretazo!"

2. Comparte nas redes sociais, no teu centro de traballo, de estudo, na rúa... os cartaces que, coma este, se realizaron para a convocatoria. Podes descargalo en pdf desde esta ligazón:

http://www.queremosgalego.org/wp-content/uploads/2012/12/CartazMani27Xaneiro.pdf
3. Difunde entre os teus contactos a necesidade de asistirmos todos á mani de Quremos Galego! Un xeito moi sinxelo e gratuíto para a difusión é espallarmos a través do whatsapp un texto como este:

"27 de xaneiro. Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola. Derrogación xa do decretazo. Non á lei Wert. Manifestación ás 12h desde a Alameda de Compostela. Espallar a mensaxe é tan sinxelo como copiar e pegar."

4. Lembra que haberá autobuses desde distintos puntos do país. A información actualízase aquí:

Contacto : http://www.queremosgalego.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA