Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Exposicións e museos para visitar este Nadal
Mércores, 26. Decembro 2012, 08:00

Eis algunhas suxestións para investir o voso lecer neste Nadal:

-No local de ANABAM naGuarda, a exposición "Marcas dos mariñeiros da Guarda". Dende o 26 ao 5 de xaneiro, en horario de 11:30-13 e 16:30-18:30. Esta exposición ten un doble obxectivo, por unha parte tratar de recuperar este patrimonio que se está a esquecer, mesmo por parte das persoas que as utilizaron no seu día e, por outro poñer en valor este patrimonio etnográfico dunha parte da poboación guardesa. Neste contexto, temos que salientar que na Povoa de Varzím, se lle prestou a atención que merece ás denominadas "siglas poveiras" algo que debera terse en conta para imitar na Guarda ese mesmo interese. máis info en http://www.anabam.org/SECCION%20MARINHA.html

-A partir de hoxe 26 queda inaugurado o centro de interpretación do Parque Nacional das Illas Atlánticas en Vigo (c/Palma 4, no casco vello). Abrirá de martes a domingo, de 10-14h e 16-19h. - no Museo do Mar de Vigo ata o 6 de xaneiro hai unha exposición de fotografías dos fondos do Museo de Pontevedra, de finais do XIX ata mediados do XX, co mar como telón de fondo (mariñeiros, mariscadoras, lecer nas praias, ...). Entrada 2€. Pechan os luns. Horario de 10-14h e 17-19h. máis info en http://www.museodomar.com/es

-Expo Fotógrafos da Natureza no centro social Nocacaixagalicia de Vigo (c/Policarpo Sanz). Ata o 13 de xaneiro, as fotografías gañadoras do concurso Wildlife photographer of the year 2011 (aínda que eles lle chamen 2012). Entrada gratuita.

-Tamén a partir de hoxe o Museo da Sociedade Galega de Historia Natural situado en Ferrol (Praza de Canido s/n) abre as súas portas para o público en xeral. Os horarios no Nadal serán de 9:30-13:30, só de luns a venres, excepto o 24 e o 31 que permanecerá pechado.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA