Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Mobilizacións da Alianza Social Galega por outra saída da crise
Xoves, 20. Decembro 2012, 19:00

As máis de 60 entidades que conforman a Alianza Socia Galega facemos un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para este xoves, día 20 de decembro, nas principais cidades e cabeceiras de comarca. Mobilizacións coas que se queren denunciar as políticas antisociais que está a adoptar o goberno do PP e entre as que salientaron a non revalorización das pensións, os recortes na sanidade e no ensino públicos e a contrarreforma ideolóxica que representan a LOMCE ou Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estará a esixencia de reformar da normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.

 

DATAS E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS

- A Coruña: ás 19:30 h na Delegación do Goberno
- Ferrol: ás 19:30 h no edificio da Xunta
- Santiago de Compostela: ás 19:30 na praza de Galicia
- Lugo: ás 20 h na Subdelegación do Goberno
- Vilalba: ás 20:30 h. diante da Casa da Cultura.
- Monforte de lemos: ás 19:30 h na praza de España
- Burela: ás 20 h na praza da Mariña
- Ourense: ás 19:30 h na Subdelegación do Goberno
- O Barco de Valdeorras: ás 20 h na praza do Concello
- Pontevedra: ás 19:30 h na Subdelegación do Goberno
- Vilagarcía de Arousa: ás 20 h na praza de Galicia
- Vigo: ás 20 h diante do MARCO (rúa do Príncipe)
 

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA